PORTADEZA LALÍN 31 – VIPECÓN XIRIA 27

Portadeza Lalín: 31 (18+13): Alberto, José (3), Enrique (8), Santi (3), David (6), Batán (5), Jorge (3) -equipo inicial- Manuel, Pinales, Marcos, Fabián, Miguel, Xoán, Lissarrague (3).

Vipecón Xiria: 27 (16+11): Zúpez, Rubén Anes (1), Martín (2), Javi (5), Jorge (3), Álex, Rubén Gómez (10) -equipo inicial- Calvete (5), Luís, Miguel, Edu, Óscar (1), Alberto, Jose.

Colexiado: Pablo Álvarez e Lucas Crespo.

Partido de poder a poder o que disputaron no Lalín Arena o Portadeza Lalín e o Vipecón Xiria na 5ª xornada de liga na División de Honra cadete, dous dos conxuntos chamados a pelexar polo titulo da categoría.

O equipo locatario comenzou o encontro moi forte e pronto se puxo por diante no electrónico. O respecto que se intuía por parte dos dous planteis facía que os rapaces estiveran un pouco atenazados e agarrotados. Aínda así podíanse ver as grandes mostras de calidade que amosaban nas diferentes accións de xogo tanto os de Lalín como os carballeses. Os do Xiria loitaban contra a ferrea defensa lalinense e, con coraxe e corazón, conseguían achegarse no marcador e chegaban ao intermedio mantendo as ilusións cara a reanudación, 18-16.

Os primeiros minutos da segunda metade foron titubeantes para os de Carballo. Este feito foi aproveitado polo equipo local para coller unha distancia que chegou a ser de ata seis goles de diferenza. O Vipecón, lonxe de baixar os brazos e renderse, loitou ata a extenuación, pero dado o alto nivel demostrado polo equipo dezano, só foi quen de achegarse ata os catro goles de diferenza, 31-27, que amosaba o electrónico ao remate do encontro.

Primeira derrota do equipo carballés en liga que, pese a isto, segue a ter todas as esperanzas e ilusións postas en rematar o campionato nos postos de honra da clasificación.

O partido da próxima xornada disputarase o domingo, 14 de novembro, ás 10:30 h no pavillón carballés Carballo Calero, onde se verán as caras o Vipecón Xiria e o equipo vigués do Seis do Nadal Coia.