A previa do 30-31 de outubro

Fin de semana con poucos partidos a que nos agarda esta fin de semana por mor da ponte do 1 de Novembro.

O Calvo Xiria desprázase a Vigo esta fin de semana para desputar a 6ª xornada da 1ª Estatal Masculina fronte ao Bm. Reconquista de Vigo. Os carballeses viaxan coa intención de poñer fin á boa racha dos locais que contan con 3 vitorias consecutivas. Agardase un encontro moi igualado entre dous rivais directos na loita polos postos altos da clasificación. A cita será o domingo ás 12:30 na Pista Central do Pavillón As Travesas de Vigo.

Nas categorías base temos 2 encontros de Liga Prata.

Na categoría xuvenil masculina, o Laber Xiria B enfrontarase ao Acanor Atl. Novás o sábado ás 12:30 horas no Pavillón Municipal O Rosal. Será un desprazamento complicado para o Laber Xiria B que traballará duro para seguir mellorando no seu xogo e traer para a casa os 2 puntos.

Na categoría cadete masculino o Grupo Lemaco Xiria B desprázase á Coruña para enfrontarse ao Oar Ciudad. Agárdase un partido moi emocionante dado que os 5 primeiros clasificados (Abegondo Casa Torreiro, Grupo Lemaco Xiria B, Bm. Ribadosar, CBM Narón-Ferrolterra Grupo Capela e Oar Ciudad) atópanse empatados a puntos. O encontro terá lugar o sábado ás 17:30 no Pavillón San Francisco Javier.

Nesta fin de semana haberá concentracións das diferentes categorías da Selección Galega.

En representación de Escolas Balonmán Xiria en categoría infantil masculina irán convocados Nicolas Cancela, Marcos Varela e Saúl Fuentefría e na categoría cadete masculina irá Pablo Veiga.