Todas las entradas de Fernando Vázquez

Un Goldie Xiria Carballo Turismo combativo, non puido impoñerse en Chapela

O Goldie Xiria Carballo Turismo, non puido impoñerse ao Cíes Obra Civil BM. Chapela, a pesar de tentalo ata o final e durante os sesenta minutos do encontro. As bergantiñás, que o tentaron con diferentes defensas e variando o seu ataque, conseguiron parciais ilusionantes que as achegaban ao seu rival con momentos dun balonmán intenso e dinámico, pero os erros e as perdas de balón non forzadas, foron claves no devir do encontro e, ao cabo, impedirían que as carballesas alcanzasen o obxectivo final de superar no electrónico ao seu rival.… Seguir lendo >>

Fin de semana frenética con enfrontamentos importantes e inicio da competición prebenxamín

1ª Nacional masculina:

Temperatura fría e unha afección entregada ao seu equipo, será o ambiente que se atope o Calvo Xiria na súa visita ao Balonman Saeplast Cañiza (sábado 18:00h). Os locais chegan con confianza despois de gañar ao Lanzarote e a Chapela, dous dos favoritos, pero tamén o Calvo Xiria chega ao encontró en plenitude de condicións.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria Carballo Turismo non foi capaz de dobregar ao BM. Tui

Comezou moi ben o Goldie Xiria Carballo Turismo o partido que lle enfrontaba ao BM. Tui o pasado sábado. A pesar das baixas coas que segue contando, o conxunto de Carballo iniciaría o encontro impoñéndose cunha profunda e atrevida defensa ao ataque do bo conxunto de Tui e desa forma, conseguiría dominar o marcador durante boa parte do primeiro tempo, mesmo cunha diferenza que chegou a ser de tres goles no minuto quince (8-5).… Seguir lendo >>