Calvo Xiria remata o ano con outro empate

O encontro mantivo a igualdade dende os primeiros lances do encontro, nun partido rocoso no que ningún equipo logrou levar a iniciativa con claridade. As defensas de ambos equipos puñeron feroz resistencia ante ataques con moi escaso éxito no lanzamento exterior levando á necesidade de chegar a seis metros para lograr puntuar, dando ós lanzamentos de sete metros un papel fundamental no desenrolo do encontro.

Nos primeiros minutos Laura Barbeira conseguiu os primeiros tantos para as visitantes mentres que as locais alcanzaron unha paulatina vantaxe de +3 no minuto 24 pola man de Lucía e Minia, pero o electrónico se negaba a cambiar ata o derradeiro minuto da primeira metade, onde o o Xallas logrou remontar dous tantos de vantaxe para chegar o descanso (11-10).

A volta á pista soamente trouxo máis sequía goleadora, onde as porteiras Nadia e Bineta traballaron ben xunto coas defensas para manter as distancias no marcador. As rotacións e cambios nas intencións de ataque non parecían facer mella cando as táboas se mantiñan no minuto 55 cun parcial na segunda metade de (3-5). Pero nos últimos cinco minutos o Xiria atopou meta grazas ós lanzamentos de María e Lucía, acadando o 17-15 mentres que unha exclusión das locais no minuto 57:17 permitiu ó Xallas chegar a Nadia polo extremo esquerdo para chegar ó 17-17. Catro lanzamentos errados por parte de ambos conxuntos no derradeiro minuto de xogo acadou o reparto de puntos que mantén no terceiro posto ó Xiria pero deixa un sabor amargo pola falta de gol que vaise facendo notar nas últimas xornadas.

O equipo debe utilizar o parón ligueiro para recompoñer o seu ataque e volver a coller sensacións, xa que a pesar de ser o equipo menos goleado ata a fecha, non é capaz de aproveitar as recuperacións que xenera durante os encontros.

Calvo Xiria 17 – Mantido SL. Constr. BM Xallas 17

Calvo Xiria (11+6): Nadia Vázquez (p), Lara Hernández, María Patiño (1), Aida Vizcaíno, Lucía de la Torre (7), Tamara Pombo (1), Minia Calvo (5), Natalia Solís (1),Leticia Santos, Elena Segade, Valeria Figueroa (1), Sheila Ferreiro (1), Andrea Díaz, Marina Rodríguez, Mara Garabaya

Mantido SL. Constr. BM Xallas (10+7): Patricia Vilar (2), Laura Barbeira (4), Carla Vigo, Rosalía Alonso (4), Julia Pereira, Bineta Thiam (p), Leticia Álvarez (p), Noa Mariño, Beatriz Rabelo (2), Raquel Vilariño (3), Samantha Lema, Zaira González (2), Mariña Lago

Árbitros: José Henrique Folgoso e Iván Alfonso

Marcador cada 5 minutos: 1-1, 3-3, 6-4, 8-6, 11-8, 11-10, 12-11, 12-12, 13-14, 14-14, 14-15, 17-17