Archivos de la categoría Noticias do Clube

Metalúrgica BB, novo patrocinador das Escolas Balonmán Xiria

Metalúrgica BB e Escolas de Balonmán Xiria acadaron un acordo de colaboración e patrocinio polo que os dous equipos alevíns de balonmán 7, que competirán próximamente na liga provincial, lucirán na súa denominación e nas súas camisetas a marca da coñecida empresa carballesa localizada no Polígono Industrial de Bértoa.… Seguir lendo >>

Curso de Árbitro de Balonmán Nivel I

A Federación Galega de Balonmán e Escolas Balonmán Xiria organizan en Carballo un curso de Árbitro de Balonmán Nivel I, curso que tamén habilita para exercer na mesa como cronometrador/anotador.

O curso impartirase no CEIP Fogar. Consta de 20 horas lectivas e desenvolverase co seguinte calendario:
– Luns 5 de febreiro: de 20.00 h a 22.00 h (2 horas)
– Luns 19 de febreiro: de 20.00 h a 22.00 h (2 horas)
– Sábado 17 de marzo: de 9.00 h a 14.00 h (5 horas)
– Venres 23 de marzo: de 19.00 h a 22.00 h (3 horas)
– Sábado 24 de marzo: de 9.00 h a 13.00 h (4 horas)
– Domingo 25 de marzo: de 9.00 h a 13.00 h (4 horas)

Será impartido polo colexiado ourensán Pablo Álvarez Vázquez, árbitro da categoría de 1ª División Estatal dende o ano 2010.… Seguir lendo >>

Adrián Dubra será o segundo adestrador da Selección Galega Xuvenil Masculina

Adrián Dubra (Carballo, 26/06/1986) é dende o pasado luns o segundo adestrador da Selección Galega Xuvenil Masculina.
Adrián Dubra, recibiu a chamada dende a a área técnica da Federación Galega de Balonmán para asumir o cargo de cara ao vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra do 2 ao 7 de xaneiro de 2018.Seguir lendo >>