GARAYSA XIRIA: 40 – S.D. TEUCRO REALE: 26

Garaysa Xiria (24+16): Samuel, Mario, Pombo, Brais (2), Pedro (1), Pablo (1), Antón (3), Fran (8), Vila (7), Roi (2), Urbieta (3), Andy (5), Jose e Ronaldo (8).

S.D. Teucro Reale (17+9): .Mateo, Manuel (2), Martín (7), Andrés C., Andrés A., Evaristo (3), Mario (4), Anderson (4), Alfonso (3), Miguel e Juan (3)

O Garaysa Xiria acadou unha nova vitoria contra os pontevedreses do Teucro, nun encontro no que pronto impuxeron a súa superioridade a base de intensidade defensiva e rápidos contragolpes, o que permitiu alcanzar a cifra de 40 goles. O encontro arrincaba con moita igualdade no marcador, cun Teucro que comezou resolvendo ben contra a profunda defensa do Xiria. Sen embargo o traballo defensivo do Garaysa pronto comezou a dar os seus froitos, e varios roubos de balón consecutivos colocaban a primeira brecha no marcador a prol dos locais.

A partires dese momento os carballeses dominaron o encontro en tódalas facetas e non deron ningunha opción de remontada ao Teucro, que non deixou de intentalo en todo o partido. O Garaysa chegaba ao descanso con 7 goles de vantaxe, cun marcador que arroxaba un 24-17, sen embargo as sensacións no terreo de xogo eran de clara superioridade local. Xa dende o inicio do segundo acto os carballeses saíron moi concentrados e a capacidade goleadora do Teucro viuse reducida, pasando dos 17 goles da primeira metade aos 9 da segunda. Esta situación traduciuse nun marcador moi amplo ao remate do encontro, 40-26, que deixa moi boas sensacións de cara a vindeira semana, onde o Garaysa visita ao líder da táboa, o Bm. Cangas, será o Sábado 15 ás 10h no Gatañal.