O Goldie Xiria Carballo Turismo entrega o partido nunha inusual primeira parte

O pasado venres, o Goldie Xiria Carballo Turismo recibía no pavillón do CEIP Fogar ao Asmubal Meaño Tecnelsa, un dos fanfurriñeiros da categoría e facíao coa ilusión de competir ante un gran conxunto e, porque non, facerse cos dous puntos en xogo.

A ilusión durou apenas dez minutos e é que despois duns inicios igualados onde as mozas de Carballo estaban a demostrar unha actitude e intensidade notables, así como unha solvencia aceptable no xogo, chegou o apagamento que ao cabo deixaría sen opcións ás locais. O Goldie Xiria encallaría no fatídico minuto dez cando o electrónico reflectía un 5-6 e xa non sería capaz de aumentar os seus algarismos no primeiros trinta minutos. As de Meaño valeríanse desta atípica situación para resolver virtualmente o encontro, aumentando as diferenzas aproveitando os múltiples e consecutivos erros das bergantiñás. O 5-17 ao descanso, deixaría o partido moi costa arriba para a de Xiria e a espensas dun milagre.

A pesar de todo, o orgullo das mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo saía a relucir no segundo acto, nun intento por dar un xiro completo ás sensacións e demostrar que o acontecido nos primeiros trinta minutos tratábase dun accidente. As carballesas conseguirían, nun escenario nada favorable, un parcial gañador neste segundo tempo (19-18) deixando mostras dun conxunto que non se entregou e que, axudado por unha enfervorizada afección, foi capaz de superar aqueles minutos fatídicos do primeiro tempo.

Goldie Xiria. 24 (5+19). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago, Elba Pérez, Aida Vizcaino (3), Mina Ribullen (3), Tamara Pombo (2), Laura Barbeira (2), Minia Calvo (1), Jessica Posse (3), Natalia Solís (2), Eva Calvelo, Alba Rodríguez (1), Elena Segade, Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez (5).

Asmubal Meaño Tecnelsa: 35 (17+18). Mónica Sineiro, Lara Docampo (1), Iria Padín (3), Debora arrido (1), Natalia Romero (2), Laura Miniño (8), Sara Estevez (3), Adriana Vázquez (2), Julieta Sofía (3), Lorena Ligero, Andrea Cores (8), Victoria Domíngez (4).

Colexiados: José Henrique Folgoso e Pablo Barreiro. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Oitava xornada da primeira autonómica feminina. Partido celebrado na tarde do venres pasado no pavillón do CEIP Fogar que presentou un excelente ambiente nas bancadas cos siareiros do Goldie Xiria Carballo Turismo totalmente entregados.