Importante vitoria do Hierros Varela Urbieta que lle da acceso a organizar o Playoff

Terceira xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 36 – Atlético Novás 34 (20-18)

O Hierros Varela Urbieta consigue o triunfo diante do Atlético Novás e outórgalle o dereito a organización dun dos Playoff para clasificarse a Liga Ouro Cadete Masculino.
Triunfo traballado pero con moitas complicacións para superar a un rival que non se dobregou en ningún momento e que se presentou en Carballo dispoñendo unha defensa 3:3 moi adiantada que facía que o Xiria marcara gol con facilidade pero a vez perdese moitos balóns que convertía o Novás en gol a contra.
En todo momento dominou o marcador o Xiria pero era incapaz de romper o partido ao seu favor, sempre coa ameaza dos rosaleiros que volvían a engancharse cada vez que os locais acadan 5 ou 6 goles de distancia.
Ao final o bo facer dos xogadores do Xiria permitía administrar o tempo do partido e acadar o importante obxetivo.

Arbitraron: Iván Hernández e Azucena Reboredo

Tras o sorteo do Playoff o Hierros Varela Urbieta Xiria queda encadrado no grupo con Balonmán Tui, Rasoeiro de O Grove e o Seis do Nadal vigués, xogarase os días 6, 7 e 8 deste mes de Outubro en Carballo