O Montaxes Carballo consegue unha praza en Liga Ouro

O equipo xuvenil Montaxes Carballo tiña ante sí o reto de acadar unha praza para a Liga Ouro no Play Off disputado en Carballo esta fin de semana. 3 partido repartidos en 3 días de moita tensión e importancia.

MONTAXES CARBALLO 43 – TECFIRSA RASOEIRO BM 13

O comezo do partido xa amosou a intensidade coa que ía a afrontar o equipo carballés este partido. Moi centrado, sobre todo nas labores defensivas o que facía que xa dende o inicio se conseguira unha ventaxa no marcador. Os carballeses mantiñanse regulares e non mostraban moitas opcións. A partir da ecuador do partido o equipo de O Grove comezou a reservar forzas e o partido xa non tivo máis intriga.

MONTAXES CARBALLO 28 – BALONMANO PORRIÑO 24

Partido con moita emoción inicial pois o dous equipos gañaran o seu primeiro partido. Dende o comezo do partido puido verse que o partido ía a estar marcado polos acertos das defensas e porterías. Ningún dos dous equipos conseguía superioridades claras no ataque poisicional e tan só conseguía marcharse no marcador o Montaxes gracias a conseguir imprimir máis ritmo o seu xogo. 

Na segunda metade o partido seguía a amosarse igualado, pero nuns minutos nos que os carballeses conseguían desplegarse mellor no xogo colectivo facían que a ventaxa se mantivera no marcador e poder así levarse un encontro moi importante.

MONTAXES CARBALLO 40 – TUI 32

Neste último partido os carballeses tiñan a praza para a liga ouro en xogo. A pesar de ser un partido moi importante o inicio dos carballeses non foi bo, faltos de ritmo e con erros que non viñan realizando. Con todo, cando recuperou o ritmo defensivo conseguiu recuperar pelotas e imprimir ritmo nas contras en primeira e segunda oleada. A partir de ahí conseguiu unha ventaxa considerable coa que chegaría a segunda metade. 

Na segunda metade o equipo tivo os seus minutos máis froxos, coincidindo tamén con situacións que aínda se están a traballar. Con todo os carballeses conseguiron unha importante vitoria que os clasifica para xogar cos 10 mellores equipos de Galicia.