Moito máis balonmán para esta fin de semana

O Calvo Xiria recibe no Vila de Noia ao Gourmet Ampate Lanzarote. Moito ollo porque hai cambio no horario habitual. O partido disputarase ás 19:00.
É un dos mellores encontros que se poderán ver este ano en Carballo, pola dificultade do rival; polo que convidan á afección a que lles arroupe nun dos partidos crave esta tempada. O Lanzarote chega coas dúbidas de Nelson Espino e Roberto Gimenez; mentres no Calvo Xiria, á baixa segura de Enrique Pena; únense as dúbidas Brais Puñal e Julián López; o técnico Adrián Dubra espera poder contar con ambos xogadores a final de semana. De gañar os de Carballo poñeríanse por diante na clasificación.
 
No apartado feminino, o Goldie Xiria Carballo Turismo recibe no Vila de Noia ao Seis Do Nadal, un equipo que a tempada pasada militou nunha categoría superior.
O encontro disputarase ás 16:45 h, xusto antes que o do equipo senior masculino.
As carballesas desexan sacarse a espiña e o mal grolo que deixou a ampla derrota da semana pasada en Tui e volver mostrar a mellor cara. Para iso, a defensa debe de ser referente principal e no ataque, debe de primar a continuidade e velocidade do balón e o xogo colectivo, minimizando as perdas de balón que na última xornada foron un importante lastre para as de Xiria.
 
En categorías base, o filial do Cangas; Luceros visita Carballo, para enfrontarse aos equipos de división de honra masculina. Os partidos serán; o domingo. Ás 10:00 o Garaysa Xiria tratará de consolidar o liderado, despois do bo inicio ligueiro que conta os seus partidos por vitorias. Ás 11:15 o Grupo Lemaco Xiria, ten un dos partidos máis difíciles da tempada ante o favorito ao título; polo que tratará de consolidar o seu xogo e abrigo o cambio de mentalidade respecto á xornada anterior. Por último; ás 12:45, os xuvenís do Laber Xiria, queren conseguir dous puntos a través do seu xogo desde a defensa, e conseguir a continuidade de balón en ataque para achegar un plus á dinámica do equipo.
E por fin, o Metalúrxica BB Xiria estréase nesta tempada, na segunda infantil. Despois de ter que aprazar o seu partido da semana pasada, os infantís chegan con ganas de debutar nun ano, de seguro gran progresión, e tratarán de consolidarse na categoría. O partido será ás 10:30 na pista do Bm Viveiro.
 
Na División De Honra feminina, as infantís do Punta Del Este Xiria e as cadetes do Hierros Varela Urbieta, reciben o sábado no pavillón do CEIP Fogar a SAR de Redondela. Os encontros serán as 10:30h e 12:15h respectivamente.
Despois das dúas derrotas cultivadas a pasada semana por algarismos curtos e dous partes moi diferenciadas, as infantís e cadetes de E. BM. Xiria tentarán ser máis regulares nesta ocasión, manter durante todo o partido a intensidade e concentración necesaria e non dar facilidades ao rival coas numerosas perdas de balón que se produciron. Con iso, os dous equipos esperan sacar beneficio en forma de puntos que lles dean un empuxón na táboa clasificatoria.