O Garaysa vence ao Cisne nun partido moi igualado

Este sábado 12 disputábase no pavillón  Vila de Noia o partido correspondente á xornada 4 que enfrontaba ao Garaysa Xiria co Cisne Mundo de Sepo. Partido contra un rival dificil que ía a determinar se o Garaysa ten aspiracións de quedar entre os postos altos ta táboa.

O partido estivo marcado pola igualdade durante os 50 minutos de partido. O comezo estivo marcado polas defensas, que ben organizadas dificultaban os ataques do equipo rival. Ademáis en este partido o Garaysa conseguiu ter moi poucas perdas de balón, sen embargo eso foi a conta de velocidade de balón e contras ás que nos ten acostumado. De este xeito o partido estaba marcado pola igualdade que se esperaba dende o comezo do mesmo, marchando ao descanso con 12-10 a favor do Garaysa.

A volta dos vestiarios o partido seguía os mesmos pasos, o Garaysa prantexaba un ataque moi organizado pero que non conseguía atopar espazos para desbordar a forte defensa do Cisne. Sen embargo unha serie de contras tras boas defensas facía que o Garaysa conseguira unha renta de 3 goles, no minuto 40 de encontro. Con todo o Cisne sería quen de igualar o encontro. E nestes intres chega o momento máis determinante do partido, pois no minuto 21:30 da segunda metade o Garaysa queda con 4 xogadores en pista (marcador 21-20) e penalti en contra, consegue parar o penalti o gardamallas carballés, e o equipo consegue terminar a inferioridade con +1 a favor. De este xeito o partido rematou 24-21 para o Garaysa, logo de un partido moi traballado e loitado por parte do equipo.

GARAYSA XIRIA 24 (12+12) Hugo García, Manuel Pérez (4), Pablo Suárez, Xurxo Fraga (5), Marcos Amarelle (1), Miguel Cambón ,  Ángel Villar , Manuel Rey (3), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (8), Daniel Bello (p), Antón Pardiñas (p).

CISNE MUNDO DE SEPO 21 (10+11) Manuel Lorenzo (2), Mateo Monteagudo, Hugo Casal,  Mauro Lago (5), Mateo Castro (1), Xoan Fernández (5), Pedro Fernández-Couto (3), Adrián Perez (1), Breixo Fentanes (3), Rafael Fonto (1)