O Calvo Xiria reacciona e gaña ao Lavadores na segunda metade

O Lavadores expuxo ben o partido e na primeira parte xogou mellor que o Calvo Xiria, que se topou en demasiadas ocasións co porteiro Edu Alonso. A segunda metade, parecía outro partido distinto, cun Calvo Xiria solidario e xeneroso no esforzo, cambiou o ritmo ao partido e levou a vitoria.

Non era un partido para especular, e saír relaxado, xa que o Lavadores, xoga unha final cada partido que queda, e a motivación e as ganas son máximas; pero o Calvo Xiria, non atopou a confianza e concentración necesarias nos primerso 30 minutos, nos que cometeu demasiados erros. Factor que soubo aproveitar o Lavadores, avantaxando en dous goles, ao descanso.

Tras o paso, por vestiarios, o Calvo Xiria, non só cambiou o seu sistema defensivo, senón que, a actitude sobre o 40×20 foi distinta. Volveu a velocidade, as axudas defensivas, a colaboración, as transicións rápidas; o equipo soubo atopar as solucións para darlle a volta ao marcador e saír vitorioso.

UB Lavadores Vigo 25 – Calvo Xiria 28

UB Lavadores Vigo (14+11): Adrián Suárez (8), Manuel Martín (2), Fabián González (6), José Antonio Ballesteros, Rubén Suárez, Pablo Villasenin (4), Mario Oterino (1), Bruno Cela (2), Asier Cerqueira, Eduardo Alonso, Anxo Otero, Sergio Pozuelo, Cristobal Covelo, Xoel Martínez (2).

Calvo Xiria (12+16): Antonio [p], Iago [p], Cristian Canosa (5), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López (1), Brais Puñal (1), Fran Rey, Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez (6), Juan Carlos Rodríguez (3), Manu Méndez (4), Jorge Bouzas (2), Alejandro Gómez, Adrián Losón, Edu Cousillas (3).

Maracdor cada 5 minutos: 2-0, 3-2, 7-5, 9-8, 12-11, 14-12, (descanso); 15-15, 16-17, 19-20, 20-23, 22-25, 25-28.

Árbitros: Omar Fagúndez e Tomás Fernández.

Incidencias: Partido correspondente á décimo sexta xornada do Grupo A  da Primeira Estatal disputado no pavillón municipal de Lavadores, en Vigo, ante uns 150 afeccionados.