O Garaysa B comeza o ano cun meritorio empate en Culleredo

Moi bo partido do Garaysa Xiria B, a pesares do seu mal inicio de encontro.

Bm Culleredo Climanosa 24 –  Garaysa Xiria B 24

Garaysa Xiria: Dani Pan, Álvaro Cotelo, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Román, Gonzalo García, Tomás Añón, Óscar Longueira, Iván, Hugo Rama, Jorge Nielsen.

Incidencias:  Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón de Almeiras (Culleredo)

Volvía a competición logo do parón de Nadal e ao Garaysa B tocáballe desprazarse a Culleredo.

O partido comezaba moi mal para os de Carballo, que encaixaban un parcial de 6-0 nos primeiros minutos de encontro debido a varios despistes en defensa e ás malas decisións en ataque. No ecuador da primeira metade, o Garaysa cambiou o chip e subiu a intensidade, que lle permitiu acercarse no marcador e irse ao descanso tan só 2 goles abaixo.

A segunda metade foi moi parexa ata os últimos 5 minutos, onde o Culleredo collía unha vantaxe de 4 goles, que parecía definitiva, pero un arreón final dos visitantes serviulles para empatar o encontro e levarse 1 punto da súa visita a Culleredo.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria B descansará.