O Garaysa non puido contra un Bm Cisne moi superior

Bm. Cisne – 33 (13-20): Marcos, Diego G. (1), Mateo (5), Carlos C. (2), Juan (2), Chapela (6), David (7), Anxo, Manuel (1), Sergio, Ricardo (1), Iván, Muñoz (1), Jaime, Diego R. (5) e Carlos A (2).

Garaysa Xiria – 16 (7+9): Xurxo, Pedro (3), Andrés (4), Mario (1), Manuel, Iago, Alex (6), Adrián (1), Julio, Iker (1) e Franco.

Os carballeses xogaron esta fin de semana contra un dos equipos máis en forma da competición, o Bm. Cisne, que amosouse dende o inicio moi superior aos nosos tanto en ataque coma en defensa e non deu opción algunha para a sorpresa na pista do Lérez.

O encontro pronto se inclinaba a prol dos locais que cunha gran solidez defensiva anularon case por completo a capacidade goleadora dun Garaysa que tivo algún parcial de case dez minutos sen marcar. Aínda que a defensa deste primeiro tempo funcionou ben deixando aos locais con 13 tantos, os 7 goles anotados na portería do Cisne eran un bagaxe demasiado pobre como para poñer en apertos aos pontevedreses.

Na segunda metade o Cisne, vendo a pouca efectividade dos extremos do Xiria, foi xuntando aos seus defensores na zona central, chegando a deixar libres aos nosos extremos, co que os espazos eran se cabe máis pequenos. Dous goles nos primeiros 12 minutos da segunda metade fixeron máis dano se cabe na moral do Xiria que frustrado pola incapacidade ofensiva perdeu intensidade nas accións defensivas permitindo unha goleada maior.

Pese a todo a imaxe vista no C.G.T.D. de Pontevedra foi moito mellor que no encontro pasado contra o OAR, cun xogo máis colectivo e con maior velocidade de balón.

Clasificación Xornada 8ª

Sin título

Fotos do encontro

 IMG_1044 IMG_1050