O Garaysa Xiria disputa a final four infantil esta fin de semana

O Garaysa Xiria xogará este fin de semana a final four de Liga Ouro masculina no Vila de Noia. Os equipos participantes serán o BM Culleredo Sutenor, Cisne Mundo de sepo, Abegondo F40 e Garaysa Xiria.

Este ano a Liga separouse en varias fases, na Primeira fase o Garaysa conseguía a clasificación a Segunda fase quedando segundo de grupo, nun grupo de 4 equipos. A Segunda fase separaríase en Liga Ouro e Liga Prata, e dentro destas ligas tamén se dividiron en dous grupos. Desta volta o Garaysa conseguíu clasificarse primeiro de grupo e conseguir o pase a esta final four.
De esta fase de 4 equipos, sairán tres plazas para os sectores nacionais.
Chegados a este punto, o equipo atopase nun moi bo momento de forma e de moral, e están dispostos a pelexar por todo e conseguir o obxetivo que se propuxeron unha vez chegados aquí, ese pase ao sector nacional.
O equipo demostrou durante todo o ano, un gran compromiso co equipo, e cos adestramentos.

Os partidos serán os siguientes: