O Grupo Lemaco cae derrotado en Tui

O Grupo Lemaco Xiria viaxaba a Tui para enfrontarse ao segundo clasificado. Un Grupo Lemaco mermado de efectivos que a pesares de este motivo buscaba competir e seguir traballando.

 

Co obxetivo de competir saían ao campo os carballeses. Sen embargo un Xiria moi dubitativo víase moi superado por un Tui moi motivado que conseguía materializar as perdas dos visitantes mediante contras. A partires de ahí as rentas foron cada vez a máis e non se puido sacar nada positivo desta primeira metade que remataba 11-26.

 

Xa na segunda metade o Grupo Lemaco cambiou a súa actitude conseguindo ter unha serie de boas defensas. A maiores en ataque as accións tiñan máis continuidade conseguindo relación entre os xogadores próximos. A salientar que nesta segunda metade, a diferenza da primeira, os carballeses nunca baixaron os brazos e seguiron a intentar mellorar os resultado. O resultado final 29-44.

 

Clube Balonmán Tui (26+18) Jorge Domato (7), Diego Rodríguez (11), Pablo Gandara (13), Miguel Pena (3), Lois Estevez (1), Lucas Ramos, Anxo Álvarez (5), Hugo Rodríguez, Carlos J. Correia, Levin Fernández, Anxo Vila (4), Manuel Lorenzo.

Grupo Lemaco Xiria (11+18): Mateo Pallas [p], Miguel Goimil (1), Pedro Porteiro, Alberto Rodríguez (2), Ángel Viña (5), Andrés García (3), Samuel Veiga (2), Juanma Fajardo (7), Samuel Regueira (1), Julián García (8).