O Hierros Varela Urbieta non pode superar ao Cisne

Sétima xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Cisne Colegio los Sauces 41 – Hierros Varela Urbieta Xiria 34 (20-20)

O Xiria visitaba a cancha pontevedresa do actual líder e máximo favorito para facerse coa liga, o Balonmán Cisne, e plantou cara durante os 60 minutos, dominando incluso moitos tramos do partido e quizá faltándolle un pouco de ambición e de asentamento en defensa.
Viuse dende o principio un Hierros Varela Urbieta moi metido no encontro sabendo por onde atacar ao seu rival, o empate a 20 goles ao descanso era reflexo dun partido rápido e sen tregua por ambas partes.
Pero na volta do vestiario o Xiria saíu sen ritmo en ataque e moi descentrado na defensa ante un Cisne que puxo en 5 minutos terra de por medio índose de 7 goles, pese a intentar volver a entrar no partido ao poñerse a 3 goles, o Xiria foi cedendo coa chegada do pitado final.
Derradeiro partido do ano e parón na competición ata dentro dun mes.

Cisne Colegio los Sauces 41 (20): Hugo Carreira, Matias Gestido 2, Iago Castro 4, Daniel Paredes 1, Adrián Lago 10, Román Latas 2, Pablo Pazos 5, Xoel Lago 13, Roque Díaz, Alexandre Villanueva, Pedro Gutierrez 2 e Adrián González 2.
Hierros Varela Urbieta Xiria 34 (20): Izan Cabeza, Xano Pombo (porteiros) Andrés Pombo 8, Nico Cancela 8, Saúl Fuentefría 6, Marcos Varela 4, Pablo Fraga 3, Xabi Fernández 2, Nico Mejuto, Andrés Pedreira 1, Lucas Mateo 2.

Arbitrou: César Díaz