O Senior B debuta con unha contundente derrota

O equipo Sénior B debuta na segunda territorial contra o BM Tui coa búsqueda de un crecemento no seus rapaces nunha liga de maior esixencia en moitas aspectos a da súa idade.

BALONMAN XIRIA B 30- BM TUI 47

O Montaxes no partido de este domingo era consciente de que o partido pasaba por levar o ritmo  a un que lle conviñera aos carballeses e non tanto ao Bm Tui. Sen embargo o partido levou o ritmo que marcou o Tui. A pesar de que os carballeses son moito máis novos as contras puxeronas o equipo de Tui e foi de este xeito cómo conseguía distanciarse no marcador. No xogo posicional salvo algunha superioridade física a diferencia non estaba a ser tan notable, sen embargo, as contras facíanlle moito daño aos carballeses. Foi así como o Tui fixo unha gran brecha no marcador e partir de ahí, a pesares de non perderlle a cara ao partido a distancia foise mantendo e incluso aumentando aos poucos.

Con todo, resaltar a entrega de estos xoves xogadores que lonxe de tirar o partido seguiron a pelexar ata o final.