Os nosos equipos alevíns e benxamíns xogaron esta xornada en Santiago

As baixas temperaturas do pasado Sábado non enfriaron aos nosos equipos alevíns e benxamíns, que disputaron unha intensa xornada de mini balonmán en Santiago, no Pavillón Quiroga Palacios.

ALEVÍNS

Os tres equipos alevíns que xogaban na capital galega gañaron os seus respectivos encontros:

O LK Xiria gañaba con contundencia ao Colexio Alca Alfa, nun encontro onde os carballeses puideron levarse os catro tempos e con eles os 8 puntos en xogo:

LK Xiria 8 – Alca Alfa 0 

(15-1) (13-4) (17-4) (6-0)

O Telepizza Carballo Xiria acusaría o frío xélido da mañá do Sábado e cedía no primeiro tempo, sen embargo a reacción non tardaría en chegar e conseguía sumar 6 puntos gañando os tres últimos periodos:

Alca Omega 2 – Telepizza Carballo Xiria 6

(12-8) (1-22) (4-5) (4-16)

As rapazas do Punta del Este Xiria deixaron patente o bo traballo que están a facer nos adestramentos cunha clara vitoria ante os anfitrións:

Ribadosar 2 – Punta del Este Xiria 6

(3-12) (9-7) (5-10) (7-11)

BENXAMÍN

Na categoría benxamín os dous equipos que viaxaron a Santiago tiveron distinto sino:

O OAK English Center Xiria acadaba unha aplastante vitoria fronte ao Colexio Alca Alfa onde a intensidade defensiva permitiu encaixar moi poucos goles durante todo o encontro:

OAK English Center Xiria 8 – Alca Alfa 0

(9-0) (9-1) (10-2) (6-0)

O Grupo Lemaco Xiria loitou de principio a fin para poder sumar algún punto neste difícil encontro, pero non puido contra un gran rival como foi o Colexio Alca Kappa que finalmente se levaría os catro tempos:

Alca Kappa 8 – Grupo Lemaco Xiria 0

(13-2) (7-4) (14-7) (12-6)

 

GALERÍA DE FOTOS DO ENCONTRO: