Táboas no espectacular encontro entre Calvo Xiria e Goumet Ampate Lanzarote

O partido tivo fases para os dous equipos, Lanzarote foi mellor na primeira parte, onde chegou a ir gañando por 3 goles; pero o Calvo Xiria refíxose, e aos poucos, chegou ao descanso empatado. E ao comezo da segunda parte; perdoou ao seu rival no contraataque; cando mellor estaba a xogar. O empate é xusto; e deixa aos dous equipos contentos nas súas aspiracións en liga; onde o Calvo Xiria é líder mantendo a súa vantaxe de 5 puntos respecto ao segundo clasificado Lanzarote; que está empatado a puntos co Chapela.

Comezo irresistible do Calvo Xiria, con 2 a 0; pero o Lanzarote arroupado na súa defensa 6:0 e no seu porteiro Santana, deixaba aos locais 8 minutos sen anotar; aproveitando para darlle a volta ao marcador 2-4. Manu rompía sequía goleadora desde o lateral dereito; pero o Xiria seguía atascado no posicional e con 5 a 8; Adrián Dubra pedía tempo morto. O Calvo Xiria; foi aos poucos recortando diferenzas. Iago Gómez daba a replica na portería, e a defensa 5:1 facía o resto; para na última xogada da primeira parte e cun contragolpe brillante, Jorge Bouzas culminaba e deixaba o resultado en 11 a 11.

Tras o descanso; unha segunda parte moi intensa onde o Xiria; dominou ao comezo, con gran defensa e xogadas rápidas con moita mobilidade; pero unha serie seguida de imprecisións só permitiron abrir a diferenza ata os dous goles.

A igualdade volvía ao marcador a falta de 5 minutos e mesmo os visitantes poñeríase por diante (18-19) cando máis apertaba a tensión do partido. Un clásico desdobramento do Xiria outorgáballe uns 7 metros que transformou Chimpo e poñería de novo o empate. Iago salvou ao seu equipo cunha gran parada sobre Álexis; pero no seguinte contraataque nada puido facer e Lanzarote poñeríase por diante.

O Xiria tería un último ataque. Un intercambio de postos de primeira liña deu a Chimpo a oportunidade de marcar de cadeira o empate a 20. Lanzarote non puido superar a gran defensa do Calvo Xiria nos últimos 40 segundos de partido.

Repartición de puntos que deixa satisfeitos a ambos os conxuntos.

Calvo Xiria 20 – Gourmet Ampate Lanzarote 20

Calvo Xiria (11+9): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Fran Rey (2), Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (5), Diego Vega, Juanka Rodríguez (4), Manu Méndez (2), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (2), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García (2), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (1).

Gourmet Ampate Lanzarote (11+9): Francisco Javier Santana (p), Asier Morillas (p), Rafael Robayna, Joel Peraza, Joel Armas (1), Acoidan Martin (4), Luis Morin, Pablo Rodríguez (5), Pedro Jesús (3), Alexis Rodríguez (1), Cristian Oliver, Antonio Llopis, Mikita Bence, Mikita Liavonau (6).

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 2-3, 4-5, 6-8, 8-10, 11-11, (descanso); 13-11, 14-14, 15-15, 17-16, 18-18, 20-20.

Árbitros: Fernando Arias e José Manuel García, do colexio cántabro.

Incidencias: Partido correspondente a la vixésimo primeira xornada del Grupo A da Primera Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, en Carballo