Victoria do Punta del Este Xiria ante o Pabellón Ourense

As infantís do Punta del Este Xiria sumaron 2 puntos máis este fin de semana ante un combativo Pabellón Ourense. 

O partido comezou con moita igualdade, coas visitantes aproveitando o xogo co pivote para romper a defensa 3:3 das locais. Mentres que as carballesas, castigaban as súas rivais con accións rápidas de primeira e segunda oleada. No minuto 15 o marcador reflexaba dita igualdade con un 6-5 favorable o Punta del Este. Sería nos derradeiros 10 minutos do primeiro tempo cando as carballesas lograrían romper o encontro. As visitantes seguían a buscar o xogo co pivote, pero as nosas conseguían anticiparse a eses pases e recuperar balóns. En ataque posicional, mediante os desdobramentos das extremos e a continuidade de balón atopábanse situacións claras de lanzamento, o que nos facía chegar o descanso cun 12-6 favorable.

Na segunda metade a tónica do encontro non mudou. As ourensanas lograron acercarse no marcador pero un último arreón das rapazas do xiria volvía a poñer terra de por medio e sentenciar o encontro co resultado final de 25-18. 

Punta del Este Xiria: Carla Bello (P), María Porteiro (P), Lucía Andrade (P), Elena González (2), Sara Rial (3), Clara Graña, Nerea Figueiras, Sam López, Sara Méndez (8), Leticia Santos (4), Carla Martínez (1), Andrea López (2), Sabela Carrondo, Nerea Varela (5), Mencía Rodríguez, Sofía Rey e Xulia Suárez. 

Talleres Coysa Bm Paballón: Carla Martínez, Lara Prieto, Sabela Carballo (4), Nadia Abreu, Aitana Fernández (1), Sofía Varela (11), Aldara Díaz, Naia Diéguez, Nerea Nogueiras (2), Sara Carballo e Noelia Todea.