Vitoria do Hierros Varela Urbieta Xiria diante do Chapela

Cuarta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Hierros Varela Urbieta Xiria 38 – Balonmán Chapela 37 (18-19)

Hierros Varela Urbieta e Chapela disputaron un partido moi igualado na mañá do domingo, as alternativas no marcador e no xogo foron constantes pero finalmente decantouse o encontro en favor dos locais.
Un balonmán Chapela moi peleón, levou as súas opcións de ataque a fortes un contra un onde o Xiria sufría moito, como consecuencia os de carballo víanse superados e cando non sufrían sancións en forma de exclusións, 6 por parte do Xiria e unha do rival, e sobre todo 7 metros, ata 10 lanzou Chapela por so un dos locais. Pese a elo o Hierros Varela Urbieta non lle perdeu a cara ao encontro e foi armándose de cara a un final igualado onde soubo administrar nos derradeiros minutos para levarse os dous puntos.
Mellora a cara en defensa o Xiria, sinatura pendente no que vai de tempada, e segue a resolver no ataque, volve a haber parón para a semana e dentro de dúas toca viaxar a medirse co carballal vigués.

Hierros Varela Urbieta Xiria 38 (18): Izan Cabeza, Xano Pombo e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 3, Alvaro Gómez 1, Nico Cancela 11, Saúl Fuentefría 1, Marcos Varela 11, Pablo Fraga 4, Xabi Fernández, Nico Mejuto, Andrés Pedreira 2, Lucas Mateo 5, Unai Cotelo e Rubén Nogareda

Balonmán Chapela 37 (19): Nicolás Alonso 15, David Extremadura, Iago Cerqueira 1, Lois Alonso 6, Rubén Serantes, Oscar, Comesaña 7, Xavier 1, José Carlos, Mateo Lago 7, Mario e Raúl Lago

Arbitrou: Renzo Díaz