Vitoria do Montaxes Carballo en Cangas

O equipo carballés viaxaba a Cangas coa intención de seguir sumando e tratar de ter un xogo máis regular que tivera cómo resultado un partido sin altos e baixos.

BUENAS MIGAS LUCEROS 30 – MONTAXES CARBALLO XIRIA 38

O comezo do partido por parte dos carballeses estivo marcado pola falta de acerto nos lanzamentos e na toma de decisión nas situacións de xogo. A partir de este inicio con dúbidaso Montaxes non soupo axustarse na zona exterior e polo tanto recibía numerosos goles polos extremos. Logo de estos desaxustes defensivos os carballeses íanse do partido e comezaban a cometer erros de concentración incomprensibles. Así, con unha imaxes moi mellorable marchaban os carballeses ao descanso 17-15.

Á volta dos vestiarios a imaxe dos carballeses cambiou e, a pesar de que no inicio a distancia no marcador chegou a agrandarse a sensación que mostraban e que ían a darlle a volta ao marcador e así foi. Con moita máis mobilidade en defensa e correxindo os erros do inicio. Así foi cómo pouquiño a pouquiño os carballeses foron facéndose co partido e facéndose coa 3 vitoria na liga.