Derrota con moi boa imaxe do Sénior B en Carballo

O pasado domingo o Senior B Xiria disputaba o 3º partido da temporada, nun partido que se antoxaba compricado para os carballeses.

BALONMAN XIRIA B 30- SANXENXO BALONMÁN 32

O comezo do partido estivo moi igualado, cos dous equipos dando un nivel moi similar e con moita intensidade no terreo de xogo. Mediada a primeira metade os carballeses conseguían unha ventaxa de 3 goles no marcador, con todo, unha serie de erros na fase final da primeira metade facía que esa ventaxa se diluíra e se chegase ao descanso con 16-16 no marcador.

No comezo da segunda metade os carballeses amosaron unha defensa moi combativa que dificultaba e moito o traballo dos de Sanxenxo, isto facía que os carballeses volveran a conseguir unha ventaxa no marcador, pero na recta final unha serie de exclusións e unha serie de precipitacións que amosan a falta de experiencia de estos xogadores facía que os de Sanxenxo acabaran levándose o partido.