Todas las entradas de Fernando Vázquez

Mal partido e ampla derrota do Goldie Xiria en Tui

Non foi o mellor día das mozas de ouro en Tui e o equipo local, que se mostrou moi superior desde os inicios, impúxose con comodidade en todas as facetas do xogo. Os lanzamentos das dúas laterais tudenses impoñíanse á retagarda carballesa cun 100% de efectividade e o ataque posicional das verdinegras non respondía moito mellor, atopando demasiadas dificultades na circulación do balón e estrelándose unha e outra vez na defensa ou na porteira do conxunto amarelo.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria, sentenciado nun primeiro tempo para esquecer

Os xuvenís do  Laber Xiria, cederon os dous primeiros puntos na competición de Cópaa Federación e fixérono a domicilio contra o Teucro, conxunto que facía dúas semanas apartáraos da fase final galega. Os carballeses fraguaron a derrota deste fin de semana nun primeiro tempo horrible, onde a baixa intensidade e a escasa actitude, acenderon desde os primeiros minutos todas as alarmas.… Seguir lendo >>

Ampla vitoria de LK Xiria e Xiria Telepizza Carballo en Santiago

Na xornada deste Sábado, dous dos equipos alevíns de Xiria, o LK Xiria e o Xiria Telepizza Carballo, impoñíanse en Santiago de Compostela ao Ribadosar Omega e ao Ribadosar Delta respectivamente por un incontestable 8-0. Os dous conxuntos de Carballo mostrandose fortes na marcaxe defensiva e comezaron a superar aos seus rivais desde o primeiro cuarto, conseguindo un amplo número de goles grazas ao movemento sen balón e ao xogo colectivo no que todos os integrantes de ambos os equipos sentiron participativos.… Seguir lendo >>

Chega a III edición do Carballo Handball Festival

A terceira edición do torneo internacional Carballo Handball Festival xa está aquí e é que tan só quedan tres semanas para o que será unha nova festa do balonmán de base na Semana Santa de 2017. Escolas Balonmán Xiria organiza un ano máis e en colaboración co Concello De Carballo, este evento que edición tras edición atrae á nosa localidade centos de nenos e nenas de temperás idades, acompañados por familiares e técnicos.… Seguir lendo >>

Duro revés para o Laber Xiria no último suspiro

O Laber Xiria, sufríu no día de onte un duro revés en Carballo ao ser superado no último partido do campionato e no último suspiro do encontro polo Teucro de Pontevedra. A clasificación chegaba moi apertada á xornada definitiva e catro equipos loitaban con posibilidades de conseguir as dúas prazas que quedaban en xogo para disputar a fase final da competición, a que dará un posto máis de acceso ao campionato de España.… Seguir lendo >>

Gran partido do Goldie Xiria en Redondela e vitoria importante

O Goldie Xiria logrou unha importante vitoria en Redondela ante a SAR, un rival ante o que se mostrou moi superior, sobre todo nun fantástico primeiro tempo e grazas a sua defensa, acompañada dunha rápida e letal saída ao contragolpe. As mozas de ouro mostraron gran eficacia e saber facer no contraataque, atopando finalizacións con pases ao pivote, polo extremo e con lanzamentos da primeira liña desde zonas máis afastadas, un auténtico quebradizo de cabeza para as locais que se vían unha e outra vez superadas no seu balance defensivo.… Seguir lendo >>