Unhas das principais novidades deste mes era o densenvolvemento deste proxecto, levado a cabo de forma coordinada entre os monitores de informática e inglés e os alumnos do grupo 6, que son os auténticos artífices deste blog de temática diversa.
A idea fraguou entre os rapaces dende o primeiro momento e o interés por ensinar máis sobre as cousas que lles gustan conseguiu que ata os máis tímidos perderan o medo a usar o inglés.… Seguir lendo >>
O pasado venres Escolas de Verán Xiria despedía a primeira quincena de Agosto cunhas divertidas clases prácticas de globoflexia nas que os nenos e nenas máis maiores aprenderon a facer varias figuras con globos.
Pasou á seguinte rolda da Copa Galicia logo dunha cómoda vitoria ante un Bm. Ártabro no que debutaron tres rapaces que até a pasada tempada formaron parte do club carballés. No descanso o marcador sinalaba un 4 – 19 a prol dun Calvo Xiria que se amosou moi superior ao seu rival en todas as facetas de xogo.… Seguir lendo >>
Moitos dos participantes nas Escolas de Verán Xiria aproveitaron as clases de pintura para dar vida a unha das zonas máis concorridas do CEIP Fogar, a entrada ao comedor.
Logo de moitos días de traballo e moito esforzo rematábase un fermoso proxecto que comezara o pasado ano, nestas mesmas Escolas de Verán.… Seguir lendo >>
O proxecto «Ponlle as pilas ao teu bocata», promovido pola Xunta de Galicia, visitou hoxe aos rapaces e rapazas das Escolas de Verán Xiria, que quedaron encantados coa proposta.