O Laber Xiria cede un punto diante do Lavadores

Laber Xiria 29 – Lavadores 29 (19-11)

Un Laber Xiria moi mermado en canto as baixas dos homes de primeira liña tivo que facer fronte ao equipo vigués do Lavadores, quinto na clasificación.
Primeiros 30 minutos de superioridade carballesa onde a defensa 5:1 do Laber presionaba sobre o ataque rival e era capaz de resolver a contra, polo que cobraba certa diferenza no marcador.
Na segunda metade o Lavadores xogou ben as súas bazas poñendo en moitas dificultades co dobre pivote a defensa do Xiria, que se viu superada e veía como o marcador acurtaba distancias ata eses instante final onde o vigueses marcaban sobre a bucina, conseguindo o empate final

Laber Xiria 29 (19): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros), Toni Calvelo 4, Carlos Varela 5, Pablo Esmorís, Aaron Rodríguez 6, Javi Rodríguez, Fer Mallo, Iker Martínez 4, Daniel Mallo 6, Alex Puñal, Esteban Puñal 4, Adrián Mesejo.

Lavadores 29 (11): Roi Rodríguez, Diego Pérez 7, Mario Outeiro 10, Pablo Cazapal 4, Manuel Madrid 2, Pablo fernández 1, Marcelo Lomba 1, Asier Cerqueira 4, Pablo Loira e Miguel Torres

Arbitraron: Cesar Carballo e Ivan Hernández