Archivos de la categoría Escolas Verán

Escolas de Verán Xiria sorprendeu aos máis pequenos co obradoiro «aSOMBRAte»

Os máis pequenos quedaron abraiados xogando e experimentando coas sombras. Soamente cunha luz e unha saba branca, os nenos e nenas que participaron neste obradoiro puideron descubrir o marabilloso mundo das sombras.

Aparte de resultar moi atractivo para os participantes, este obradoiro permite aos nenos e nenas experimentar co seu corpo, obrigándolles a controlar os movementos e as posturas para acadar o efecto desexado.… Seguir lendo >>

Galería da semana do 20 ao 24 de Xullo

O Grupo 12, dos máis maiores, pasárono en grande no pádel e logo xogaron un partido de balonmán no Pavillón Vila de Noia onde remataron esgotando toda a enerxía.

O Grupo 11 nunha clase de teatro onde melloraban a súa capacidade de improvisación:

O Grupo 10 tamén acudía ás clases de pádel o Luns, onde puideron xogar varios partidos nas pistas do Miclub Pádel Carballo.Seguir lendo >>

Water Party 2

O pasado mércores día 15 as Escolas de Verán Xiria remataban a primeira quincena e con ela despedían aos primeiros compañeiros, que marchaban tristes pola despedida, pero á vez cun gran sorriso pola gran festa vivida esa mañá.

A Water Party contou con 12 estacións diferentes polas que os grupos ían rotando cada certo tempo.… Seguir lendo >>

40 nenos e nenas das Escolas de Verán de Balonmán Xiria participan nun obradoiro no Horto Infantil Ecolóxico de Carballo

Os integrantes dos grupos 9 e 10 deste mes de Xullo están a participar nun obradoiro no Horto Infantil, onde aprenden todo o necesario para poder converter unha semente nunha hortaliza ou nun froito.

Nas primeiras sesións traballaron a terra e nesta segunda plantaron as plantas, xudías, leitugas, cabazas… que darán os seus froitos semanas despois.… Seguir lendo >>

Unha novidade deste ano son as CLASES DE PÁDEL CON MICLUB PADEL CARBALLO

O Grupo 10 acudiu este Luns á sua clase de Pádel en Miclub Pádel Carballo, onde aprenderon moito sobre este deporte descoñecido para moitos deles.

Eiquí algunhas fotos da actividade:

Padel (2)Padel (1)Padel (7)Padel (3)Padel (5)Padel (6)

 

O Martes foi o turno do Grupo 12 que recibiu a súa segunda clase nas instalacións do Miclub Padel:

IMG-20150715-WA0034 IMG-20150715-WA0000 IMG-20150715-WA0002 IMG-20150715-WA0003 IMG-20150715-WA0006 IMG-20150715-WA0007 IMG-20150715-WA0011 IMG-20150715-WA0012 IMG-20150715-WA0015 IMG-20150715-WA0024 IMG-20150715-WA0025 IMG-20150715-WA0026 IMG-20150715-WA0030
O mércores non houbo actividade de Padel co Grupo 9 porque celebrabamos a Water Party no CEIP Fogar.Seguir lendo >>