Derrota do Seguros Sueiro tras un igualado pulso

A loita pola cuarta praza na liga galega comezou a prol do Seguros Sueiro, que grazas a unha forte atitude e o éxito na faceta ofensiva poñía contra as cordas a un SAR que pidía tempo morto no (9-4). Unha defensa máis profunda do conxunto de Redondela e a acumulación de erros non forzados en ataque acadaron o empate (13-13) xusto no remate do primeiro tempo.

Calmando as augas, o Xiria volveu á pista con cansanzo acumulado pero ideas claras. O fondo de armario do SAR xogaba a favor das visitantes a medida que pasaban os minutos, con un Xiria cada vez máis cansado para afrontar o pulso coas visitantes, que durante toda a segunda metade se mantivo con menos de tres tantos de diferenza entre ambos conxuntos. Non foi ata os derradeiros minutos cando o encontro se decantou para o lado pontevedrés (26-29) poñendo os puntos e a praza para a Final 4 na man do SAR.

Agora as do Xiria se atopan quintas na liga galega e, a falta de dúas xornadas, precisan puntuar para asegurar o derradeiro ticket da eliminatoria e non depender de terceiros. O Seguros Sueiro viaxa o sábado a Lalín para buscar a clasificación automática.