Gran actuación do Grupo Lemaco B na Final Four pese a quedar cuarto

A pesar da clasificación final, cuarto clasificado, o Xiria demostrou estar ao nivel dos seus opoñentes, mostra de lo foi que o emparellamento de semifinais se decidiu nos lanzamentos de 7 metros ante o campión e equipo local Balonmán Lalín

SEMIFINAL: Grupo Lemaco Xiria B 35 – Upi Informática Lalín 36 (17-15)(27-27)(32-32)

O cruce de semifinais ante o Lalín, presentábase como o partido clave da Fase, e así foi. Ambos equipos competiron por cada balón por cada espazo no terreo de xogo e a igualdade tivo que desfacerse na segunda ronda dos lanzamentos de 7 metros en favor do Balonmán Lalín.
Sabía o Grupo Lemaco da fortaleza e maior físico dos xogadores locais, sabía que tiña que aguantar dentro do resultado ata os minutos finais onde ao Lalín lle podía pasar factura o desgaste, como así aconteceu.
Saíron ambos conxuntos, como era de esperar, con moitos nervios e moito respecto cara o rival, si cabe o Lalín sempre un paso por diante no marcador, cunha defensa aguerrida que non cedía ocos para penetracións e de envergadura, que non facilitaba o lanzamento a distancia, o Xiria foi aproveitando as súas opcións e mantíñase no partido.
A defensa planeada polos carballeses non daba seus froitos esperados mentres o rival se mantiña fresco, pero no momento clave do encontro a falta de 15 minutos, o Xiria meteu un pouco máis de presión sobre a circulación de balón e poido parar en seco o ataque do rival, correr en contras e igualar o partido, o que nos levaba a prórroga.
Na prórroga novamente o Lalín dominaba no marcador, vantaxe de dous goles en varias ocasións, que o Xiria conseguía neutralizar. No remate da mesma e a falla de 7 segundos o Xiria dispuxo dun lanzamento de 7 metros, que errou e levounos a ronda de 7 metros.
Na primeira ronda de 7 metros, os nervios volveron a aflorar, e o empate persistía na eliminatoria. Volveuse a unha nova ronda, pero esta vez con gol de ouro, onde o Lalín atopou o pase para a Final polo erro do Grupo Lemaco no derradeiro lanzamento.

Grupo Lemaco Xiria B 35 (15-27-32): David Pensado, Antón Pardiñas (porteiros) Pablo Veiga 3, Manuel Rey 4, Manuel Pérez 3, Marcos Amarelle 5, Hugo García 3, Pablo Suárez, Miguel Cambón 2, Angel Villar 1, Dani Bello 9, Chema Negreira, Bruno Facal e Dani Periscal.

Upi Informática Lalín 36 (17-27-32): David Failde, Alejo Varela 5, Jaime Conde, Juan Villar 5, Sergio Munín 1, Miguel López 6, Abel Vázquez 2, Pablo López 4, Xosé Cuiña 3, Alejandro Lalín, Pablo Pérez, Miguel Ayer, Antonio Nercellas 3 e Adrián Otero

Arbitraron: Lucía Rodrígues e Diego Rivera

3º e 4º POSTO: Grupo Lemaco Xiria B 33 – Telepizza Arteixo 37 (17-15)

O domingo, despois da eliminación o Grupo Lemaco tiña que disputar o partido polo 3º e 4º posto ante o Telepizza Arteixo.
O esgotamento físico e sobre todo o mental, pasoulle factura, pois fíxoselle un partido demasiado longo ante un moi bo rival que o día anterior non puidera demostrar o seu potencial ante o balonmán Tui na outra semifinal.
Dominou o encontro o Xiria ata a falta de 10 minutos onde o rival literalmente pasoulle por riba, soubo moi ben o Arteixo atacar a defensa aberta dos carballeses, e pechar as súas liñas defensivas ante os ataque do rival.
Fase Final Four onde o Grupo Lemaco B, amosou que pese a ser casi todos os xogadores de primeiro ano, foi quen de competir ante os mellores da Liga Prata.

Grupo Lemaco Xiria B 33 (17): David Pensado, Antón Pardiñas (porteiros) Pablo Veiga 7, Manuel Rey 9, Manuel Pérez 1, Marcos Amarelle 3, Hugo García 2, Pablo Suárez 1, Miguel Cambón, Angel Villar, Dani Bello 6, Chema Negreira, Bruno Facal e Dani Periscal 3.

Telepizza Arteixo 37 (15): Alejandro López, Marcos Abeleira 1, Alejandro Aller 4, Ivan Sousa 16, Marcos Vázquez 3, Hugo Montero 3, Daniel González 1, Elmer Martínez 1, Victor González 7 e Adrián Novo

Arbitraron: Renzo Díaz e Iván Hernández