O Garaysa non pode co Carballal

O sábado 12 viaxaba o Garaysa Xiria ao pavillón do Carballal para xogar o partido correspondente coa xornada 12. Con este partido comezaba a segunda volta de esta competición de división de honra.

O partido disputado ás 13h comezaba con un Garaysa que, por un lado, conseguía claras ocasións de gol  e, por outro, amosaba moita fraxilidade defensiva. A defensa tiña moitas dificultades para marcar o par, e con deslizamentos por 9 metros o ataque local conseguía situacións de lanzamento claras. No ataque cada vez que os carballeses eran verticais e conseguían darlle continuidade  o balón as ocasións de lanzamento sucedíanse, pero ahí non estivemos acertados, chegando a errar ata 4 lanzamentos de 7 metros na primeira metade. Con todo, chegamos ao descanso con 18-11 no marcador.

A volta do descanso todo seguía igual, o Garaysa tiña moitas dificultades para axustar a súa defensa, pero continuaba aos poucos coa mellora no ataque.  A defensa conseguía conter o ataque rival, pero sempre se producía algún despiste na marca do par para xerar unha ocasión en contra. Sen embargo no ataque a efectividade foi un pouco maior. Con todo o Carballal foi superior en todo momento, chegando ao final con 34- 25.

A.D. CARBALLAL “A” 34 (18+16)  Iago García (1), Anxo Fernández (9), Iago Rivas (4), Alberto Terleiro (3), Alex Alonso, Daniel Losada, Alexandre Gallego, Juan Rodríguez (5), Eduardo Alonso (8), Diego Otero, Nicolás Docampo (3), Javier Zambrana (1), Yago López

GARAYSA XIRIA 25  (11+14) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (1), Pedro Porteiro (3), Samuel Regueira (1), Ángel Viña (2) , Samuel Veiga (4), Erik Vázquez (2), Pablo Veiga (8), Xurxo Fraga, Aarón Rodríguez, Alberto Rodríguez (4).