O Garaysa non vence pero convence.

O Carballal equipo aínda invicto esta tempada, visitaba Carballo. Un rival forte e dos que che leva a dar o máximo. Púidose ver un partido con moita intensidade e igualdade, con continuos intercambios no marcador e que non se decidiu até o último momento.
Tíñao claro o Garaysa, que cun bo inicio, púñase por diante; o traballo defensivo daba os seus froitos e conseguía marcar unha diferenza de dous goles; máxima do partido para os dous equipos.
O Carballal non se engurraba e puña velocidade ao partido sacando rápido de centro. Empezábase a notar o alto ritmo de xogo, pero os cambios realizados, permitiron que as tarefas defensivas continuasen até o descanso onde o Carballal impúñase 13-15.

Na continuación, o Garaysa con tres recuperacións de balón seguidas conseguía o empate e mesmo darlle a volta ao partido. Era o momento de darlle a puntilla ao partido, pero topar coa figura do porteiro visitante, que mantivo ao seu equipo cando peor o estaba pasando.
Chegábase aos últimos 5 minutos con máxima igualdade. Un penalti fallado e unha exclusión a falta de dous minutos para o final puña contra as cordas aos locais, 25-27, que afrontaba cun xogador menos o resto de partido. Non se darían por vencidos e conseguirían colocarse a un gol. Quedaba a última defensa, e despois dunha falta en ataque, o Garaysa Xiria dispuxo de seis segundos para marcar pero o balón foise fóra.

Quedan dúas xornadas para finalizar a fase final de división de honra e esta debe de ser a liña a seguir por parte de todos para seguir crecendo como equipo.

A semana que vén, o Garaysa recibe no Carballo Calero aos Luceiros.

Incidencias: Partido disputado non Pavillón Vila de Noia cunha boa entrada, con preto de 200 seareiros. Colexiado: Gabriel Folgoso e Natalia Solis do colexio galego. Castigou con exclusións Adrián Mesejo, Iago Recuncho e Mario Cancela, por parte local, namentres polo A.D. Carballal foron sancionados Carlos Mariño, Mario González e Roi Galego. / 7 metros: Garaysa Xiria 1/2 // A.D.Carballal 4/4.

Marcador cada 5 minutos: 5-4, 8-6, 10-11, 12-14, 13-15, descanso, 18-19, 21-20, 22-21, 24-23, 26-27.

GARAYSA XIRIA 26 ( 13 + 13 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón, Daniel Mallo, Alejandro Gómez (9), Mario Cancela (8), Juan Pereira, Diego Antelo, Iago Rincón (2), Adrián Mesejo (4), Iker Martínez, Franco Rial, Xurxo Díaz, Fernando Mallo (3)

A.D. CARBALLAL 27 ( 15 + 12 ): Jose Manuel Chao, Alberto Romero (3), Roi Gallego (4), Blas Cabaleiro, Mario González (2), Pablo González, Carlos Mariño (2), Iago Costas (3), Alejandro López (4), Ignacio Costas (6), Pablo Neira (2), Brais Alonso (1), Pedro Fernández.

Garaysa-Carballal Garaysa-Carballal2 Garaysa-Carballal3 Garaysa-Carballal4 Garaysa-Carballal5