O Garaysa Xiria B consegue unha nova vitoria e xogará no grupo dos mellores na Liga Prata infantil masculina.
Garaysa Xiria B 41 – Eumesa 11
Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen, Óscar Longueira e Pablo Martínez.
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo).
Chegaba o último partido da primeira fase para o Garaysa B, que necesitaba gañar para acabar primeiro clasificado. O partido comezaba e xa dende o inicio, os de Carballo, que saían moi concentrados nas tarefas defensivas, conseguían poñer terra de por medio do encontro e irse no marcador nos primeiros minutos.
A segunda metade foi un calco da primeira, cun Xiria intenso atrás e correndo rápido os contraataques, para chegar ao final cunha nova vitoria e ca clasificación para o grupo dos mellores na Liga Prata.
A vindeira semana o Garaysa Xiria B descansará.