O MONTAXES CARBALLO NON PODE CO UPI INFORMATICA LALÍN

O pasado domingo enfrontábanse o Montaxes Carballo co Upi Informática Lalín nun partido que se presupoñía de moita intensidade debido a que os dous estaban a pelexar por entrar no mellor posto posible na Final Four.

MONTAXES CARBALLO 26 – UPI INFORMÁTICA LALÍN 31

Os carballeses saíron ao encontro sen a tensión que che esixe un partido de estas características se queres competir. Isto facía que os de Lalín se puxeran por diante no marcador dende o comezo. Os carballeses souperon reaccionar pero estaban a ter moita dificultade no ataque para superar a defensa lalinense. Os intres finais da primeira metade amosaban un cambio de actitude do equipo local a pesar de marchar ao descanso con unha desventaxa de 5 goles.

Á saída dos vestiarios unha defensa presionante facía que se recuperaran varios balóns que se conseguían anotar coa portería vacía. Os carballeses conseguían así acercarse ata 1 gol grazas a unha actitude que nada tiña que ver coa da primeira metade. Con todo o Lalín conseguiu volver a distanciarse e o esforzo nesta segunda metade facía meia e facía que voltase a ser moi difícil para o carballeses sobrepasar a defensa visitante. Así chegouse ao final con un resultado de 26-31. O equipo carballés ten que seguir traballando para manter unha actitude competitiva durante todo o partido e ir recuperando os golpes de algúns xogadores en partidos posteriores.