O Nordata vence sobre a bocina

Gran victoria a domicilio dun Nordata moi combativo que non deixou de creer ata o final, nun encontro onde non comezaron ben as cousas e onde as de Redondela conseguiron as primeiras vantaxes do encontro.

Con seis minutos disputados, onde as carballesas mostrábanse blandas ante a s penetracións da primeira liña rival, as diferencias chegaron ata un 7-2 que non prexasiaba nada positivo. Despois do tempo morto visitante, as do Nordata reaccionaron e melloraron no aspecto defensivo, reducindo a distancia ata os dous goles no descanso.

No segundo tempo as do Xiria levaron o encontro con mellores sensacións, e as pontevedresas non sostiveron o ataque carballés ante a defensa aberta plantexada, rematando a maior parte das xogadas de ataque en lanzamentos. A falta de catro minutos, e un por debaixo no marcador, as nosas pecharon a porta, cun erro de lanzamento redondelá desde o extremo e outra parada da gardarredes carballesa. Na derradeira posesión do encontro, un gol das do Nordata a falta de tres segundos, mandaron os dous puntos cara o norte, ante un rival que apunta a zona alta nesta Liga Ouro.

A vindeira semana o Nordata recibirá na casa o Bm. Porriño no Carballo Calero