Seguros Sueiro remata a primeira volta en terceira posición

O pasado domingo o conxunto xuvenil feminino viaxou ata Redondela para atopar a un rival correoso que encadenaba numerosas derrotas por escasa marxe a pesar de contar cunhas das maiores goleadoras na liga. 

O encontro comezou cunha contundente imposición das visitantes, pechando as posibilidades de penetración da eficaz primeira liña viguesa e negando as continuacións a pivote, o que deu a dianteira ó equipo de Bergantiños con contraataques e lanzamentos de 9m, provocando unha chamada á calma das locais no minuto 10 para xestionar o (3-8) do electrónico.

Coas ideas máis claras e facendo cambios na complosicón do equipo, Cheoqueiras atopou ocos nas zonas exteriores de cando en vez, pero seguía sen poñer freno as tentativas do Xiria, que chegaron a poñer unha diferenza de +10 na primeira metade cun reparto de responsabilidades na faceta ofensiva. Por outra banda, unha caída desafortunada de Lara Hernández nun lanzamento provocou danos na xeonllo da Carballesa e forzou o cambio con Irene Suárez, que viuse obrigada a tomar o testigo dunha importante tarefa defensiva para o resto do encontro. Un par de perdas de balón con contraataque recortaron as distancias  para chegar ó descanso (10-18).

Na segunda metade o Xiria renunciou a soltar o acelerador e, tras uns primeiros intres de duda, volveu a retomar unha cómoda distancia de +11 no marcador que permaneceu ata o minuto 50, onde o equipo local recurriu ás mixtas e defensa individual a todo o campo para recuperar balóns e atopar goles sinxelos. A mestura de fatiga nas visitantes, contraataques e a efectividade no lanzamento dende extremo pechado das locais levaron a unha aproximación paulatina no marcador ata o final do encontro, aínda que os dous puntos non se viron amenazados en ningún momento, chegando ó (29-33) final.

A pesar da ledicia do Xiria por rematar con outra vitoria a primeira volta, case ó final do encontro, no minuto 58, Leti Santos recibiu contacto durante un salto, aterrando co pé dereito e sufrindo unha aguda torsión na rodilla, o que deixa un mal sabor de boca ó conxunto de Bergantiños a pesar de cumprir cos obxectivos. Só queda esperar unha pronta recuperación para Lara e Leti mentres que o equipo parapeta o Vila de Noia para comezar a segunda volta contra un sempre complicado Chapela o sábado 20 ás 12:30. Dous puntos e un golaverás positivo separan ó Seguros Sueiro do Guardés, pero a igualdade xeral nos resultados da fase ligueira indica que aínda falta moito para acadar a praza na Final Four.

Árbitro: César Díaz