Seguros Sueiro remata a súa racha

O Seguros Sueiro volve a probar a derrota sete xornadas despois. Tras un inicio accidentado na pista do Porriño, onde as visitantes conseguiron unha temperá vantaxe de tres goles, o Xiria tentou recuperar a iniciativa do encontro por medio da finalización da primeira liña carballesa, pero as viguesas estiveron especialmente solventes na liña de seis metros, que combinado coas poucas perdas de balón e a contundente efectividade nos lanzamentos fixo imposible o acercamento do Xiria, marchando ó descanso cunha diferenza de tres goles (15-12) grazas a un sorpresivo gol de Carla no derradeiro segundo.

Na volta á pista, o Porriño continuaba atopando ocos nas filas verdes con demasiada facilidade. Ademáis, as múltiples perdas de balón non forzadas, aínda que acompañadas dun rápido repliegue, deron un soplo de aire a un Porriño que lograba salvar as distancias. De pouco serviron os tempos mortos de ambos conxuntos xa que o encontro estaba decidido a manter o seu curso ata o final (29-26).

Mal partido onde o equipo non se atopou cómodo en ningún momento. Asediado polas baixas, perdas de balón, errores defensivos e a efectividade ofensiva do Porriño, as rapazas do Xiria puxeron a cara ata o final, caendo nos últimos minutos ante un dos rivais fortes da competición a domicilio.

Agora o Xiria segue na terceira praza da clasificación aínda que empatadas a puntos co Guardés. Debe recompoñerse e afrontar as próximas dúas xornadas, onde terá que pelexar ante os dous favoritos da competición (Cangas e Carballal) para puntuar nos partidos máis complicados da tempada.