Tirso de Molina 26 – GARAYSA XIRIA 27

04/03/2004 13ª XORNADA

TIRSO DE MOLINA: Diego, Pablo, Alberto (4), Ángel (1), Ramón, Ismael, Carlos (2), Rafa (3), Felipe (11), Alex, Falcón (3) e Manuel (2).

GARAYSA XIRIA: Guillin, Eloy, Diego Diaz, Joaquin (11), Jesús (3), Manuel(5), Oscar(6), Nico e Marcos (2).

Xogaba o Garysa Xiria un importante e difícil partido na cancha do Tirso de Molina na mañá do Domingo. Difícil porque xa na primeira volta o equipo carballés só lograra vencer por un gol de renda e tamén porque só se puideron desprazar ata Ferrol sete xogadores de campo e dous porteiros.

Aínda así o Garaysa xogou un bo partido. As alternativas no marcador eran constantes e con vantaxes mínimas por parte dos dous equipos. Chegábase así ó descanso con empate a 13 goles no electrónico.

A segunda metade transcorreu polos mesmos derroteiros ata os minutos finais onde o Tirso logrou unha vantaxe de dous goles. A pesares diso os carballeses conseguiron enxuga-la renda ferrolá e poñerse por diante no marcador con 3 goles ó seu favor a falta de 3 minutos. Pero, cando todo parecía sentenciado, o Tirso, cunha forte defensa individual no medio do campo conseguía igualar o encontro e con posesión de balón a falta de 40 segundos. Sen embargo, unha boa defensa dos rapaces de Fernando Vázquez e un derradeiro ataque con gol de Óscar propiciou a victoria do Xiria por 26-27.
O colexiado David Rodríguez estivo desastroso, mostrando un absoluto descoñecemento da normativa de sancións de penaltis, exclusións e faltas en ataque.