Archivos de la categoría Infantil Femenino

O Nordata cae no Lalín Arena nun disputado encontro

Non puido sumar puntos o Nordata Xiria na súa visita o Lalín Arena este domingo, onde as carballesas enfrontaban de novo ó que fora o seu rival no Play Off de clasificación da Liga Ouro.

O encontro comenzou con moita igualdade e alternancias no marcador, cun Nordata quizais mellor plantado pero moi desacertado nas finalizacións, A defensa en bloque das dezanas foi ben superada polas verdes, pero topaban cada vez ca gardarredes que se erixiu no mellor baluarte local para manter a vantaxe de dous goles no descanso(11-9)

No segundo tempo as de Zarra saíron entonadas logrando empatar o encontro nos primeiros intres, pero entraron nunha fase de erros e imprecisións que permitiron o Coreti Lalín escapar ata cinco goles de distancia.… Seguir lendo >>

O Nordata estrena a Liga Ouro con dous puntos

Disputadísimo encontro o que enfrontou na mañá do domingo os dous equipos que disputaron a Final da Supercopa no mes de agosto en Cangas, o Nordata e oTecnosat Cangas.

Mal comezaron as cousas para as do Xiria, non tanto polo xogo pero si polo desacerto de cara a porta, onde as boas accións combinativas paraban no muro que se convertiu a gardarredes do Morrazo unha vez tras outra.… Seguir lendo >>

O Tubasys cae en Almeiras ante o Culleredo (24-19)

As infantís do Tubasys caeron no derradeiro encontro da Pretempada de Prata na súa visita a Almeiras, onde se enfrontou o Bm. Culleredo.

Despois do bo sabor de boca que deixaron as dúas victorias anteriores, este fin de semana tocou a outra cara da moeda, onde as carballesas se mostraron algo máis apáticas e non lograron trocar esas sensacións ó longo do encontro.… Seguir lendo >>