Archivo de la etiqueta: Sénior

Nadia Vázquez continuará poñendo o cadeado á portería do Calvo Xiria

A xalleira, quen se gañou por méritos propios estar considerada coma unha das mellores gardametas da categoría, seguirá unha tempada máis defendendo a portería do Calvo Xiria Carballo Turismo.

Nadia Vázquez Campos (Santa Comba, 2001) cumprirá a súa cuarta campaña consecutiva por terras carballesas para continuar coa súa traxectoria ascendente e tamén para seguir sendo unha peza fundamental para o equipo que dirixe Manu López.… Seguir lendo >>

Alberto Lema «Cuco» e Rubén Anes novas incorporacións ao Calvo Xiria

Alberto Lema «Cuco» e Rubén Anes voltan á disciplina do Calvo Xiria e estarán xa a dispor de Marcos Rodríguez para o derbi desta fin de semana fronte ao Balonmán Artabro, se o técnico carballés así o estima.

O pivote ofensivo e central defensivo Alberto Lema «Cuco» regresa ao club tras tomarse, por distintos motivos, un ano sabático de balonmán.… Seguir lendo >>