Archivos de la categoría Noticias do Clube

Vitoria do Montaxes Carballo fronte ao Valinox Novás

Os de Carballo disputaban este sábado un partido moi importante, pois nestes momentos da tempada todos os partidos pasan a ter máis relevancia e cada punto sumado ten moito valor. Enfrontábanse ao Novás que a pesar dos poucos puntos conseguidos e un equipo co que xa nos vimos as caras en dúas ocasións este ano e sempre se amosan combativos

MONTAXES CARBALLO 38 – VALINOX NOVÁS 35

O partido comezaba co equipo carballés algo frío, con algún desaxuste pouco habitual na defensa e errado de cara á portería.… Seguir lendo >>

Seguros Sueiro perde ante Carballal facendo unha boa primeira metade

De novo a lóxica impúxose na categoría xuvenil feminina. O Carballal, un dos favoritos para o título e invicto ata a fecha, acadou os puntos nun partido onde o Xiria pelexou man a man durante toda a primeira metade. Por unha banda a velocidade do Carballal apotaba buratos nas zonas laterais da defensa verde, mentres que as de Bergantiños empregaban o xogo colectivo para xerar situacións de superioridade, que sumado ó lanzamento exterior mantiña a igualdade no marcador ó longo dos primeiros trinta minutos (13-13), aínda que unhas perdas de balón nos derradeiros minutos otorgaron unha pequena vantaxe de tres goles para as locais xusto antes de chegar ó descanso (16-13).… Seguir lendo >>

Vitoria do Sénior B contra os veciños de Santa Comba

O sábado disputábase un partido moi especial para moitos dos que estaban na pista debido a que se enfrontaban moitas caras coñecidas. Con este pretexto todo indicaba a que ía a ser un partido con moitas gañas e intensidade.

BALONMAN XIRIA B 33 – BALONMAN XALLAS FC 23

O partido como era de esperar comezaba con moita intensidade, cos ataques conseguindo gañarlles ás defensas.… Seguir lendo >>

David García está de volta.

David García Pichel (Carballo, 1994) retorna ao Calvo Xiria.
 
O xogador carballés volve ao Calvo Xiria despois dun descanso de pouco máis de un ano por motivos de estud.
 
Cunha destacada traxectoria en DHP e Asobal, formou parte do Calvo Xiria que alcanzou a primeira fase de ascenso a DHP en 2011 compaxinandoo coa súa participación na selección española xuvenil, chegando a desputar un Europeo en Austria, un Mundial en Hungría e uns Xogos Olímpicos de verán en Turquía .
Seguir lendo >>