Non se fixo esperar a primeira victoria da tempada, visitaba Carballo o equipo de BM Ferrolterra que se atopou cun Goldie Xiria metido no encontró os 60 minutos e coas gañas de doblegar ao seu rival, ao final victoria do Goldie Xiria 21 a 18.… Seguir lendo >>
Foto de presentación para o Calvo Xiria nos prolegómenos do partido que o enfrontaba ao Bm. Lalín, un equipo con moitísima experiencia na categoría e con xogadores que militaron en categoría superior retornados esta tempada ao seu club, que se atopou coa intensidade e a firmeza dos verdibrancos no que supuxo a súa segunda vitoria en outras tantas xornadas.… Seguir lendo >>
Xoga o Calvo Xiria esta xornada na casa, e o fará ante un dos equipos chamados a estar na parte máis alta da táboa clasificatoria ao rematara da tempada, o Balonmán Lalín. Será no Pavillón Municipal Vila de Noia a partires das 18:00 horas.… Seguir lendo >>
Estimado socio:
Por medio da presente, de conformidade co disposto no Artigo 17.1 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral Ordinaria da entidade ESCOLAS BALONMAN XIRIA a celebrar nas dependencias do FORUM DE CARBALLO, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios (A Milagrosa), de Carballo o próximo día 01 de outubro de 2014, mércores, as vinte horas en primeira convocatoria e as vinte trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.… Seguir lendo >>
Vitoria do Calvo Xiria na xornada inaugural da 1ª Estatal ante un Poio Artai que se mantivo no partido ate o minuto 35 aproveitándose dos innumerables erros de lanzamento dende os seis metros cometidos polos verdibrancos. Cun xogo ofensivo baseado na velocidade do balón e na mobilidade dos seus xogadores o conxunto carballés era quen de subministrar balóns moi cómodos a súa segunda liña, mais non se transformaban en gol.… Seguir lendo >>
Este sábado ás 18:30 no Pavillón da Seca (Poio) afronta o inicio dun novo reto na 1ª Estatal o Calvo Xiria en partido que o enfrontará ao Artai Poio, coa arbitraxe de José María Reyes e Susana Reoyo.
Con cinco caras novas e tres baixas sensibles preséntase este inicio de liga para o conxunto verdibranco.… Seguir lendo >>
Escolas Balonmán Xiria inicia a andaina da tempada 2014 / 2015 nas categorías mini, benxamín, alevín e feminino a partires do luns 08/09/2014.
Agardamos contar ca vosa presenza dende o primeiro día.
Lembrade que durante o mes de setembro a actividade ten carácter gratuíto e podedes invitar a participar a tod@s @s vos@s amig@s
E por grupos os horarios a partires de hoxe son os seguintes:
MINI (nados anos 2010, 2009 e 2008)
Martes e xoves: 17:30 – 19:00
BENXAMÍN (nados anos 2007, 2006 e 2005)
Luns, martes e xoves 17:30 – 19:00
ALEVÍN (nados anos 2004 e 2003)
Martes, mércores e venres 17:30 – 19:00
Este equipo e de nova e creámolo polo interés que percibimos ao remate da tempada pasada por parte dun grupo de nenas bastante numeroso.… Seguir lendo >>
Ao final de cada mes de Xullo, sempre facemos unha festa que, sen duda lles encanta a todos os rapaces e rapazas que veñen ás escolas de verán, que é, a festa da auga, na que disfrutan de xogos, probas, piscinas e tobogáns.… Seguir lendo >>
Deixando a un lado que todas as nosas clases son completamente interactivas, un dos traballos que fixeron, son os murais de pintura os cales están expostos na entrada do colexio.
Nas escolas de verán, os nenos teñen varios tipos de clases e actividades nas cales, repasan música de todos os xeneros, crean murais con pintura, fan obras de teatro, xogos tipicos, proxectos informáticos, etc.