Todas las entradas de Fernando Vázquez

O Calvo Xiria imponse no primeiro derbi da tempada

O pasado venres día 12 de Outubro, ademais do día Pilar, celebrábase a festa do balonmán na comarca e é que Conservas Boya Camariñas e Calvo Xiria, acometían o primeiro derbi de 1ª nacional na actual tempada.

Ambos os conxuntos afrontaban ao encontro en situacións moi dispares; os locais coa ambición de estrear o seu casilleiro ante o aclamado potencial do seu rival e os de Carballo coa necesidade de seguir sumando de dous en dous para continuar soñando cos obxectivos máis altos.… Seguir lendo >>

Primeiro derbi entre Conservas Boya Camariñas e Calvo Xiria

O primeiro derbi da tempada disputarase mañá Venres no pavillón O Areal de Camariñas. O día festivo servirá para presenciar un dos grandes eventos da comarca na 1ª nacional de balonmán (18:30 h).

Os locais, o Conservas Boya Camariñas, sempre se mostrou como un equipo notablemente competitivo, cun xogo rápido e vistoso onde o colectivo supera ás individualidades.… Seguir lendo >>

Partidos moi atractivos durante o fin de semana

Este fin de semana, o Calvo Xiria estrearase na competición de liga de 1ª nacional como local. Despois da gran e traballada votoria da pasada semana en Lalín, o conxunto de Carballo tentará que a presentación ante o seu público sexa igualmente exitosa ante o Construcciones Castro Lavadores, outro dos favoritos ao título e que ven de renovarse con fichaxes de renome despois dun forte investimento económico durante este verán.… Seguir lendo >>

Comezan as competicións de balonmán

Unha nova tempada iníciase este fin de semana para as Escolas Balonmán Xiria. Tanto os dous equipos senior (masculino e feminino) como os conxuntos de base que participan na División De Honra, comezan o ilusionante reto da liga 2018/19. No caso do Calvo Xiria, que parte cos máis altos obxectivos un ano máis, o comezo non pode ser máis esixente e é que os carballeses se desprazan a Lalín para enfrontarse este Sábado ás 19:00 no Lalín Arena a un rival directo polos postos altos da clasificación.… Seguir lendo >>