Todas las entradas de Escolas Balonmán Xiria

Asembleas Real Federación Española de Balonmano e Federación Galega de Balonmán

José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, asiste mañá, xoves 1 de decembro, á Asamblea Xeral Extraordinaria da Real Federación Española de Balonmano, na que se decidirá o futuro do balonmán español para os vindeiros catro anos. Nesta asemblea será elixido o presidente da federación así como as distintas comisións: comisión delegada, deportiva, etc.… Seguir lendo >>

I Día da Nai no Balonmán, o 3 de decembro

Escolas Balonmán Xiria organiza o “I Día da Nai no Balonmán” o  sábado 3 de decembro do 2016 no CEIP FOGAR.

No que será unha homenaxe ao balonmán feminino; Escolas Balonmán Xiria quere que as mulleres e nenas de Carballo gocen dunha experiencia inigualable, organizando un torneo de balonmán feminino entre nais e xogadoras, nunha xornada de convivencia, na que colaboran as xogadoras do equipo senior feminino, o Goldie Xiria, e as xogadoras das categorías base do Xiria.… Seguir lendo >>

Escolas Balonmán Xiria volverá formar parte da Asemblea Xeral da Real Federación Española de Balonmano

A pasada semana tiña lugar na sede da Federación Galega de Balonmán o proceso electoral por parte do Estamento de Clubs para elixir aos catro clubs que representarán ao balonmán galego durante os vindeiros catro anos na Asemblea Xeral da Real Federación Española de Balonmano, asemblea que será quen elixa proximamente ao Presidente da RFEBM no proceso electoral que se está a levar a cabo.
Seguir lendo >>

Álex Naya deixa o Calvo Xiria

O gardameta carballés Álex Naya, que era dúbida para continuar no plantel, deixa a disciplina do Calvo Xiria por mor da dificultade para compaxinar horarios laborais e horarios de adestramento.

Ademáis o xa ex-porteiro do Xiria recibiu unha oferta doutro club da 1ª Estatal que lle ofrecía flexibilidade cos adestramentos así como ter máis minutos e protagonismo no xogo para coller experiencia e mellorar, oferta que Naya aceptou polo que xogará esta campaña no OAR Coruña.… Seguir lendo >>

Así queda o plantel do Calvo Xiria, sen descartar que se poidera producir algunha incorporación máis.

O actual campión de liga comeza este luns os adestramentos de pretempada. Todos os xogadores son naturais de Carballo e formados nas categoría de base das Escolas Balonmán Xiria, a excepción do lalinés Uxío Batán.

E así queda o plantel do Calvo Xiria, que comeza o lúns día 8 os adestramentos para afrontar unha nova tempada que agardemos que estea chea de espectaculo e co reto de sair como actual campión do seu grupo na Primeira División Estatal:

–          Porteiros: Iago Gómez e Martín Gómez «Zúpez»

–          Centrais: Pablo Iglesias, Gonzalo Pombo e Juanca Rodríguez (aínda xuvenil).… Seguir lendo >>

Miguel Suárez-Pumariega súmase á pretempada do Calvo Xiria

O extremo Miguel Suárez-Pumariega Órtiz (Carballo 1994) incórporase á pretempada do Calvo Xiria. Xogador formado na canteira carballesa deixou o equipo hai catro anos debido aos seus estudos. Chegou a debutar co Calvo Xiria cando aínda era xuvenil. A pasada tempada estivo alonxado do balonmán e nas tres anteriores xogou na 1ª División Estatal no Bueu Atlético.… Seguir lendo >>