Archivos de la categoría Alevín Masculino

O Metalúrgica BB Xiria volve a senda da vitoria

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria,  xogaba no pavillón do CEIP Fogar con o BM Lucus e foi quen de voltar  a senda da vitoria despois da primeira derrota sufrida xusto antes do parón de Nadal.

Foi un encontro dominado polos carballeses de principio a fin, con amplas diferencias nos tres primeiros tempos e un último cuarto no que as cousas se lles puxeron máis costa arriba, pero que puideron solventar nos derradeiros segundos.… Seguir lendo >>

O Metalúrgica BB Xiria sufre a primeira derrota

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria, sufríu a súa primeira derrota no desprazamento a Abegondo na terceira xornada da competición provincial. Os locáis amosaron a súa superioridade dende o inicio, a pesar da mayor antropometría dos de Carballo.

O Metalúrgica BB Xiria está formado por xogadores dunha boa talla e con capacidades interesantes para este deporte, pero queda un longo camiño que percorrer e moito traballo para que estes xogadores, algún de primeiro ano e moitos deles iniciando a participación no balonmán, vaian progresando e  adquirindo os conceptos necesarios.… Seguir lendo >>

O Metalúrgica BB Xiria imponse ao BM Línea 21 no seu primeiro partido en casa

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria, afrontaba o seu primeiro partido como local na mañá do pasado Sábado fronte ao BM.Línea 21 da Coruña. Atenazados pola estrea ligueira como locais, os xogadores carballeses non foron capaces de desenvolver o xogo que veñen mostrando nos adestramentos semanais e as imprecisións, os erros e as perdas de balón, foron a tónica xeral durante os catro tempos do partido.… Seguir lendo >>