Archivos de la categoría Infantil Masculino

O Metalúrgica BB segue collendo experiencia a pesares da derrota

Na mañá do sábado os rapaces do Metalúrgica BB enfrontábanse no Pavillón do CEIP Fogar de Carballo ao Abegondo F40. Un equipo que chegaba como líder do grupo e contaba os seus partidos disputados con vitoria.

O partido comezou moi igualado, cos visitantes cunha defensa 5:1, pero cos de Carballo moi enchufados e xogando un moi bo balonmán a pesares de non estar acostumados a enfrontarse a unha defensa así.Seguir lendo >>

O Garaysa volta á competición con vitoria

Logo de un longo tempo de parón debido a situación sanitaria global o Garaysa Xiria voltaba a disputar un partido en Carballo, con un novo formato de competición con novos protocolos pero coa mesma ilusión de sempre.

Estas ganas de volver a xogar, xunto cos nervios do primeiro partido fixeron que o Garaysa saira ao partido moi alterados e cometendo erros aos que non nos teñen acostumados.… Seguir lendo >>

O Metalúrgica BB Xiria volve a disfrutar do balonmán no Vila de Noia

Despois de moitos meses de parón debido a situación sanitaria derivada da pandemia mundial e de moito tempo de adaptacións no deporte á situación actual, o balonmán de base puido volver a Carballo.

Para os rapaces do Metalúrgica BB, con poucos partidos en bm7 e, cos nervios lóxicos de voltar a xogar despois de moito tempo sen competir o obxetivo principal ía a ser desfrutar e aproveitar a oportunidade de voltar as pistas.… Seguir lendo >>

3 vitorias e 1 derrota nos últimos 4 enfrontamentos do Garaysa Xiria

Globalmar Sealand Carballal 29- Garaysa Xiria 32. (22/2/2020)

 

Partido correspondente á xornada 18. O Garaysa viaxaba ata Vigo para enfrontarse a o Carballal  nunha difícil pista.

No comezo do partido ningún dos dous equipos conseguía axustar as súas defensas. Nos primeiros intres o equipo local levaba a dianteira ante uns carballeses que comezaban moi despistados.… Seguir lendo >>