O Calvo Xiria inicia o ano con vitoria

O Calvo Xiria arontaba un partido moi complicado na sua volta á competición espois do parón do Nadal. O seus rivais xa gañaran na xornada do Sábado e os carballeses deberían facer o meso ante un Luceros moi perigoso, xa que dispoñía de todos os seus efectivos.

A seriedade coa que os verdinegros afrontaron o envite, foi clave para o que ocorrería nos sesenta minutos. Os bergantiñáns airón moi fortes na retagarda e conseguían rápidamente un parcial de 0-4 o seu favor. Chegaron, despois de este comenzo, catro erros enlazados que os de Cangas aproveitarían para igualar a contenda (4-4), pero sin presentar duda algunha sobre o que se estaba a facer, o Calvo Xiria poñería de novo terra de por medio cun balonmano vistoso, rápido e eficiente. Os diferentes sistemas defensivos estaban a dar un bo rédito e os contragolpes axudaban a incrementar a diferencia no electrónico rápidamente. No ataque posicional, a velocidade na circulación do balón facía de todo complexo ó éxito defensivo do seu rival e a movilidade de todos os xogadores carballeses, ofrecía alternativas de xogo e finalizaci´n en calqueira posto. Xa no descanso os visitantes gañaban por 10-17, una renda que sería definitiva e inalcanzable para o Luceros.

A segunda parte foi prácida para os intereses do conxunto bergantiñán. A regularidade a que nos ten acostumado este equipo e un seguro en cada encontro e una vez máis se demostrou contra un rival cun plantel xoven e de moita calidade. Outra das claves dos éxitos do Calvo, está a ser a participación de todo o plantel, a pesares do curta que é a plantilla este ano. Todos os efectivos suman e axudan, dunha u outra maneira na consecución dos éxitos comúns.

Luceros: 22 (10+12). David Lemos, David Iglésias (4), Daniel Sierra, Erik Dasilva (1), Pdro Parcero, Yeray Simes, Oscar Broullón, Eloy Villanueva (4), Adrián Pérez (1), Angel Rodríguez (4), Mauro Refojos (2), David Fonseca, Eloy Molanes (6)..

Calvo Xiria: 34 (17+17). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López (1), Brais Puñal (2), Fran Rey, Pablo Iglesias (5),Miguel Suárez-Pumariega (2), Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (5), Alejandro Calvete (4), Sergio Facal Fariña (4).

Parciais cada 5´: 2-4/5-6/5-8/6-12/8-15/10-17/Descanso/11-20/12-24/15-26/17-28/19-32/22-34/Final.

Colexiados: Laín Montes Grande e Javier Quesada Gutierrez. Non influiron no resultado final.

Incidencias: 1ª xornada despois do parón do nadal e última da primeira volta do campionato da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón O Gatañal ante un centenar de seareiros.