Se o partido xa era dos máis difíciles para o Calvo Xiria, a baixa de Ramón por mor dun pequeno accidente doméstico aumentaba esta dificultade, pois perdía ao seu home de referencia nas tarefas defensivas de blocaxe ante a primeira liña máis potente da competición en canto a lanzamento exterior e envergadura.… Seguir lendo >>
O sábado a partir das 19:00 renderá o Calvo Xiria visita a un dos terreos máis complicados da categoría, o Pavillón Municipal do Rosal, sede do Acanor Atl. Novás, que a pesar dun arranque de tempada un pouco errático é un dos equipos chamados a ocupar praza para a fase de ascenso.… Seguir lendo >>
O Garaysa Xiria comezaba esta nova tempada xogando na casa contra un complicado rival como é o Academia Octavio. Dende o asubío inicial o Xiria amosouse temeroso en ataque, sobre todo de cara ao lanzamento. Esta falta de puntería custáballes un parcial de 0-4 que requiría dun tempo morto.… Seguir lendo >>
Foto de presentación para o Calvo Xiria nos prolegómenos do partido que o enfrontaba ao Bm. Lalín, un equipo con moitísima experiencia na categoría e con xogadores que militaron en categoría superior retornados esta tempada ao seu club, que se atopou coa intensidade e a firmeza dos verdibrancos no que supuxo a súa segunda vitoria en outras tantas xornadas.… Seguir lendo >>
Xoga o Calvo Xiria esta xornada na casa, e o fará ante un dos equipos chamados a estar na parte máis alta da táboa clasificatoria ao rematara da tempada, o Balonmán Lalín. Será no Pavillón Municipal Vila de Noia a partires das 18:00 horas.… Seguir lendo >>
Vitoria do Calvo Xiria na xornada inaugural da 1ª Estatal ante un Poio Artai que se mantivo no partido ate o minuto 35 aproveitándose dos innumerables erros de lanzamento dende os seis metros cometidos polos verdibrancos. Cun xogo ofensivo baseado na velocidade do balón e na mobilidade dos seus xogadores o conxunto carballés era quen de subministrar balóns moi cómodos a súa segunda liña, mais non se transformaban en gol.… Seguir lendo >>
Este sábado ás 18:30 no Pavillón da Seca (Poio) afronta o inicio dun novo reto na 1ª Estatal o Calvo Xiria en partido que o enfrontará ao Artai Poio, coa arbitraxe de José María Reyes e Susana Reoyo.
Con cinco caras novas e tres baixas sensibles preséntase este inicio de liga para o conxunto verdibranco.… Seguir lendo >>