Todas las entradas de Toni García

Bo partido do Laber Xiria para gañar en O Rosal

Acanor Atlco. Novas 23 – Laber Xiria 38 (8-21)

Desprazouse o Laber Xiria a localidade de O Rosal para disputar un dos difíciles compromisos que lle quedaban esta temporada, a concentración e o bo facer dende o primeiro minuto fixeron que o Xiria disputase un encontro cómodo onde se veu unha das mellores versións deste equipo que dentro de tres semanas deberá xogar a Fase que da dereito a sisputa do Campionato de España.… Seguir lendo >>

Empate entre o Laber Xiria e o Luceros nun partido bronco

Luceros 26 – Laber Xiria 26 (12-11)

Como soe ser habitual os partidos entre estes dous equipos destacan pola intensidade en cada acción, terceiro contra cuarto clasificado e equipos destinados a verse as caras no Playoff de final de tempada. O que tamén soe acontecer e que cada vez que o Laber visita O Gatañal, o arbitraxe se decante excesivamente para o equipo local, desta vez castigando en exceso ao equipo que menos repartiu nun partido brouco.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria sucumbe diante dun Cisne moi superior

Club Cisne Balonmán 45 – Laber Xiria 29 (23-16)

O equipo carballés visitaba a cancha do líder, ata agora invicto e cunha plantilla formada por xogadores de moita calidade. Si ben no partido da primeira volta o Laber fixo fronte aos pontevedreses, neste partido as presas e imprecisións, así como a pouca intensidade e concentración defensiva pasaron factura cun marcador final de 45 a 29.… Seguir lendo >>

Un Laber Xiria superior acada a vitoria diante do Teucro

S.D. Teucro 21 – Laber Xiria 40 (12-20)

Voltou a senda da vitoria o Laber Xiria logo do tropezo da semana pasada co empate diante do Lavadores. A recuperación de varios xogadores para este encontro e sobre todo a seriedade co que os compoñentes do equipo se tomaron o encontro, fixeron que o Teucro non tivera ningunha posibilidade diante duns carballeses que se amosaron superiores en todas as facetas.… Seguir lendo >>