Non puido ser, e o Punta del Este Xiria coñeceu a derrota na terceira xornada da Liga Prata infantil (18-16) .
O sábado pola mañá visitaban ó líder, o Bm. Lucense na Casa do Deporte en Lugo, nun dos encontros máis complicados e as nenas carballesas loitaron o encontro ata o final, tendo opcións de vitoria durante todo o encontro.… Seguir lendo >>
As carballesas viaxaron ata Lalín no partido correspondente á terceira xornada de Liga Ouro onde os dous con xuntos chegaban con pleno de vitorias e coliderando a clasificación xunto co Bm. Cangas. As de Zarra saíron máis sólidas na defensa ca o seu rival, conseguindo abrir unha diferenza de cinco goles (9-14) na primeira parte do encontro.… Seguir lendo >>
Segunda vitoria para o Punta del Este Xiria na Liga Prata infantil feminina.
Despois da súa vitoria na pista de Almeiras a semana pasada, o Bm. Brigantium visitou o CEIP Fogar o pasado sábado. As carballesas non foron capaces de abrir distancias no marcador, onde a pesar da boa defensa, non foron quen de superar con comodidade a defensa pechada das coruñesas.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria imponse en Lavadores ante o equipo vigués na segunda xornada da Liga Ouro.
As de Carballo enfrentábanse unha vez máis ante un rival co que xa coincidiu no play off de clasificación, e volveron a levar os puntos da súa visita a Vigo.… Seguir lendo >>
Desputábase este domingo o primeiro encontro da Liga Prata Infantil en Almeiras, Culleredo. Foi un comezo con bastantes dúbidas por parte dos dous equipos, con moitas pérdidas que xurdían polos nervios do primeiro partido de liga.
A primeira parte rematou 9-12 a favor do Punta del Este Xiria que foi quen de atopar gol con moito xogo co pivote e calma nos ataques.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria abriu a tempada na Liga Ouro cunha vitoria ante o actual campion galego, a Sar de Redondela. As locais mostráronse moi superiores desde os primeiros minutos. A defensa das carballesas volveu a ser un pilar importante onde se cimentou o triunfo, permitindo ás de Carballo correr e atopar goles en posicións cómodas (19-9, descanso).… Seguir lendo >>
O Punta del Este Xiria impuxose con solvencia no seu sector do Play Off e disputará un ano mais a máxima categoría autonómica.
Na tarde do venres, as carballesas abriron o sector cunha contundente vitoria ante o Galicia Social de Vigo (32-11) e sumando unha boa renda de goles que podían ser necesarios para posible desempate na clasificación.… Seguir lendo >>
O Punta del Este Xiria A certifica a súa presenza na Final Four tras conseguir esta fin de semana unha rotunda vitoria na casa do Bm. Tui.
Co empate da semana pasada na casa ante o Bm. Culleredo, as de Zarra aseguraron a disputa do playoff, pero coa derrota do Bueu o sábado nun encontro aprazado da xornada anterior, as carballesas lograron así a súa clasificación.… Seguir lendo >>
O Punta del Este B proclamouse este pasado sábado campión de liga tras vencer a domicilio ao Asmubal Meaño no partido xogado no Pavillón de Coirón.
O equipo carballés saiu ó encontro disparado a polo título, anotando con facilidade durante o primeiro tempo, suficiente para sentenciar e marcar diferencias no descanso(7-18).… Seguir lendo >>